DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2023 Páx. 55278

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre de 2023.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro) procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade aos convenios subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no segundo cuadrimestre do ano 2023, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2023

Mª Pilar Arias Graña
Secretaria xeral técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Infraestruturas
e Mobilidade no segundo cuadrimestre de 2023

Descrición

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e os concellos da Coruña e Arteixo para a coordinación dos servizos de transporte público con orixe ou destino no núcleo de Meicende

7.5.2023

0 €

Prórroga do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e os concellos de Arteixo, Culleredo e A Coruña, para a coordinación dos servizos de transporte público das súas respectivas competencias con orixe ou destino nas urbanizacións da Zapateira

7.5.2023

0 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o financiamento e sustentabilidade do desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento do sistema de axuda a explotación da mobilidade de Galicia (Saegal)

22.5.2023

239.890 €

Convenio entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a asociación Clúster da Fundación Loxística de Galicia para o impulso do corredor Atlántico Noroeste e colaboración na posta en marcha da estratexia loxística de Galicia

12.6.2023

140.000 €