No Diario Oficial de Galicia número 207, do 31 de outubro de 2022, publícase a Orde da Consellería de Política Social e Xuventude do 19 de outubro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024, susceptible de ser cofinanciada polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS700A).
A orde recolle que as subvencións destinaranse á consecución das seguintes finalidades:
a) Programa I, destinado á consolidación dos servizos de atención temperá subvencionados pola Xunta de Galicia a través da Orde do 31 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
b) Programa II, destinado a servizos de atención temperá existentes e actualmente non subvencionados así como á implantación de novas unidades.
No Diario Oficial de Galicia número 21, do 31 de xaneiro de 2023 notifícase a Resolución do 31 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 30 de decembro de 2022 pola que finaliza o procedemento de concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024, susceptible de ser cofinanciada polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria.
A través da Orde do 12 de xuño de 2023 modificouse a citada Orde do 19 de outubro de 2022, o cal implicou, entre outros cambios, un incremento do custo unitario por hora para cada un dos grupos de categoría de persoal laboral e a apertura dunha nova convocatoria sendo de aplicación as bases establecidas na dita Orde do 19 de outubro de 2022.
Para o financiamento desta modificación destínase crédito por importe total de un millón cento oitenta e nove mil novecentos trinta e nove con noventa e seis céntimos (1.189.939,96 €), que se imputa á aplicación 13.04.312E.460 no código de proxecto 2016 00172. O importe do financiamento desta convocatoria é cofinanciado nunha porcentaxe do 60 %, polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
O prazo e a forma de presentación de solicitudes regúlase no artigo 3 da Orde do 12 de xuño de 2023 segundo o que se procede á apertura dun novo prazo de solicitudes para aquelas entidades que non solicitasen a axuda ao abeiro da convocatoria inicial da Orde do 19 de outubro de 2022.
Unha vez revisada a solicitude presentada ao abeiro da nova convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, segundo establece o seu artigo 18, así como as emendas feitas, comprobado que cumpría cos requisitos establecidos e coa documentación necesaria, esta foi remitida á Comisión de Valoración, órgano creado no artigo 19.
Así mesmo, procedeuse á revisión da modificación da Resolución do 30 de decembro de 2022 pola que finaliza o procedemento de concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024, para os efectos de emitir a corresponde resolución co incremento das subvencións concedidas.
O órgano instrutor, tras a baremación e á vista do informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou as propostas de resolución que, como establece o artigo 21, elevou ao órgano competente, a Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, que, en virtude da competencia delegada na disposición adicional terceira para resolver os procedementos de concesión, emite a correspondente resolución.
Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como sinala o artigo 22 da dita Orde do 31 de decembro de 2021, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento publicaranse no Diario Oficial de Galicia que producirá os efectos da notificación.
Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da consellería (http://politicasocial.xunta.gal) e de forma complementaria só por medios electrónicos.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 20 de setembro de 2023 de concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024, susceptible de ser cofinanciada polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS700A), e que se xunta á presente resolución no anexo.
Segundo. Comunicar que a dita Resolución do 20 de setembro de 2023 pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Non pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2023
Begoña Abeijón Fernández
Directora xeral de Persoas con Discapacidade
ANEXO
Resolución do 20 de setembro de 2023 de concesión de subvencións
ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación
de servizos no marco da Rede galega de atención temperá
1. A través da Orde do 12 de xuño de 2023 modificouse a Orde do 19 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024, o cal implicou, entre outros cambios, un incremento do custo unitario por hora para cada un dos grupos de categoría de persoal laboral.
Así mesmo, e tendo en conta que o incremento do custo unitario por hora estimado e da conseguinte contía das subvencións afectaban ao principio de concorrencia, no artigo 3 da orde estableceuse a apertura dun novo prazo para a presentación de novas solicitudes.
2. A Subdirección Xeral de Programas de Apoio á Discapacidade unha vez consultada a base de datos do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais dependente da Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais, comprobou ao abeiro da Orde do 19 de outubro de 2022 o cumprimento dos requisitos establecidos de estar inscritas no devandito rexistro, así como o resto dos requisitos específicos establecidos no artigo 7.
No suposto de solicitudes individuais, contan cun censo mínimo de 10.000 habitantes, segundo a última cifra de poboación publicada polo Instituto Galego de Estatística.
3. A Comisión de Valoración encargada do estudo das solicitudes para o outorgamento das subvencións, realizou a valoración da única solicitude presentada en virtude da nova apertura de prazo de solicitudes, por cumprir cos requisitos previos exixidos e emitiu o seu informe.
Así mesmo, de acordo co disposto nesta modificación das bases da convocatoria e do citado incremento do custo unitario por hora para cada un dos grupos de categoría de persoal laboral, no citado informe proponse o incremento das contías das subvencións concedidas inicialmente a cada unha das entidades beneficiarias, así como reaxustar nalgún dos casos as horas inicialmente subvencionadas, de acordo cos novos importes establecidos nos artigos 4 e 10, modificados pola citada Orde do 12 de xuño de 2023, retrotraendo os efectos económicos que se deriven para estas ao inicio do período subvencionable establecido no artigo 1.2.
Polo tanto, en atención ao financiamento previsto no artigo 2 da Orde do 12 de xuño de 2023 (Programa I: 739.030,08 € e Programa II: 450.909,88) e tendo en conta o sinalado no artigo 4.1.b) sobre os importes máximos segundo o tipo de xestión, todos os expedientes son susceptibles de proposta de resolución con cargo a cada programa.
4. O órgano instrutor, á vista do informe realizado pola Comisión de Valoración e de acordo coa documentación que consta no seu poder, elevou ao órgano competente para resolver a proposta de Resolución do 20 de setembro de 2023, para o programa I e II, que de seguido se relaciona nos anexos. Comunicou que todas as entidades beneficiarias cumpren cos requisitos necesarios para concederlles á axuda correspondente ao incremento das contías das subvencións concedidas inicialmente, resulta acreditado que se atopan ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa da Facenda da Xunta de Galicia e que, así mesmo, se atopan ao día no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social. Tamén indica que a nova solicitude presentada dentro do Programa II foi valorada segundo os criterios sinalados no artigo 20.
Por todo o anterior, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade coa Intervención Delegada, a directora xeral de Persoas con Discapacidade, en virtude da competencia delegada na disposición adicional terceira para resolver os procedementos de concesión,
RESOLVO:
Primeiro. Establecer o número de horas subvencionables desagregadas por entidade solicitante (anexo I) e incrementar o importe da subvención inicialmente concedida como consecuencia do incremento do custo unitario por hora para cada un dos grupos de categoría de persoal laboral establecido na Orde de modificación do 12 de xuño de 2023 (anexo II) para as entidades inicialmente subvencionadas dentro do Programa I.
Conceder á nova entidade solicitante a subvención que se sinala, determinar o período subvencionable e as horas subvencionables (anexo III) dentro do Programa II.
Segundo. O importe do financiamento desta convocatoria é susceptible de ser cofinanciado nunha porcentaxe do 60 %, polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, dentro do obxectivo político 4 «unha Europa máis social e inclusiva mediante a aplicación do piar europeo de dereitos sociais»; prioridade 7 «Garantía Infantil» e obxectivo específico k) «Mellorar a igualdade e a oportunidade do acceso a uns servizos de calidade, sustentables e alcanzables, incluídos os servizos que promoven o acceso á vivenda e a unha atención centrada nas persoas, incluída a asistencia sanitaria; modernizar os sistemas de protección social, tamén fomentando o acceso á protección social, con especial atención aos menores e os grupos desfavorecidos; mellorar a accesibilidade, tamén para persoas con discapacidade, a efectividade e a resiliencia dos sistemas de asistencia sanitaria e dos servizos de coidados de longa duración» e medida 7.k.01: «Servizo de atención temperá destinado a menores vulnerables con trastornos no seu desenvolvemento».
Terceiro. Co obxecto de ser susceptibles de cofinanciación polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, nesta convocatoria incorpórase o establecemento de métodos de custos simplificados conforme o disposto no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados. O importe da axuda calcularase segundo o sistema de custos simplificados, en función do número de horas de traballo efectivo da totalidade de integrantes do equipo.
Cuarto. Dado que a presente convocatoria é susceptible de ser cofinanciada polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, respectarase, de ser o caso, o previsto no Regulamento (UE) 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1296/2013; no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e Política de Visados, e nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2021-2027.
Quinto. A aceptación da subvención implicará a súa aparición na lista de operación que se publicará nos termos establecidos no artigo 49.3 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.
Sexto. Unha vez notificada a resolución da concesión da subvención, as entidades beneficiarias poderán comunicar no prazo de 10 días hábiles a súa aceptación. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.
A renuncia á subvención poderase formular por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sétimo. Os pagamentos realizaranse coa seguinte periodicidade:
Para a anualidade 2023 realizarase de forma fraccionada un pagamento do 60 % da contía da subvención en concepto de anticipo. O importe restante ou a parte que corresponda aboarase ata o 31 de outubro de 2023, que se librará logo da xustificación por parte da entidade beneficiaria do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas.
Para a anualidade 2024 realizarase de forma fraccionada un pagamento do 70 % da contía da subvención concedida en concepto de anticipo, que se fará efectivo ao longo do mes de marzo de 2024. O importe restante ou a parte que corresponda aboarase ata o 31 de outubro de 2024, que se librará logo da xustificación por parte da entidade beneficiaria do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas.
Oitavo. A xustificación da actuación executada obxecto de subvención realizarase mediante a presentación da documentación prevista no artigo 26 da orde de convocatoria.
Noveno. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido levará consigo a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, á exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, segundo o disposto nela e no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
No caso de que a xustificación fose incorrecta e/ou incompleta, requirirase a entidade para que corrixa os erros ou defectos observados e/ou achegue os documentos solicitados no prazo de dez (10) días, advertíndolle que, de non facelo, se procederá, logo da resolución, á revogación da subvención e, de ser o caso, ao reintegro da contía percibida e á exixencia dos xuros de demora.
Décimo. Os órganos competentes poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do gasto que consideren convenientes.
Décimo primeiro. As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como coas condicións e obrigas establecidas na orde de convocatoria e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación e, en particular, as seguintes:
a) Destinar os fondos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos, executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano concedente.
b) Para as actuacións que sexan cofinanciadas polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, manter rexistros contables independentes ou empregar códigos de contabilidade apropiados para todas as transaccións relacionadas coa operación, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con fondos do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
c) Para as actuacións que sexan cofinanciadas polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, conservar toda a documentación relativa á subvención e ás persoas participantes ou usuarias e demais documentos xustificativos relacionados coa operación durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que a autoridade de xestión do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 efectúe o último pagamento, nos termos establecidos no artigo 82 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021. O comezo deste prazo será oportunamente comunicado polo Organismo Intermedio do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 a Dirección Xeral con competencias en materia de Política de Cohesión e Fondos Europeos).
d) Dar cumprimento á obriga da adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do disposto no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e 20 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
Igualmente, para as actuacións que sexan cofinanciadas polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, cumprir coas medidas de visibilidade, transparencia e comunicación establecidas no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.
En todo caso, durante a execución da actuación respectarase o reflectido no artigo 11.c), sen prexuízo de que os carteis deberán permanecer colocados e na páxina web coa correspondente información, cando menos, ata a data en que remata o prazo final de xustificación da subvención establecido no artigo 26.
e) Informar as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas pola Xunta de Galicia-Consellería de Política Social e Xuventude. Ademais, no caso de que as actuacións conten con financiamento do FSE+, informar as persoas destinatarias de que as estas están cofinanciadas polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, así como dos obxectivos dos fondos.
f) Para as actuacións que sexan cofinanciadas polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, realizar as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento da prestación que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de realización e resultados previstos no artigo 17 do Regulamento (UE) 2021/1057. Para estes efectos, seranlle facilitados os oportunos cuestionarios que terán que respectar o principio de integridade dos datos.
Así pois, as entidades beneficiarias consignarán na aplicación informática prevista no artigo 11 os datos referentes aos indicadores de realización e de resultado inmediato e a longo prazo relativos aos usuarios/as, que serán os que a unidade tramitadora do procedemento incorporará, á súa vez, na aplicación informática de rexistro e almacenamento dos datos de indicadores que se poña á súa disposición polo Organismo Intermedio do Programa FSE+ Galicia 2021-2027:
1º. Os de realización referiranse á situación á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do/da participante coa operación subvencionada.
2º. Os de resultado inmediato á situación do participante no período que abranga entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e ás catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención.
3º. Os de resultado a longo prazo: situación aos seis meses de finalización da vinculación do participante coa operación subvencionada.
g) Cumprir coa normativa de protección de datos de carácter persoal. Os relativos ás persoas usuarias ou participantes na actuación subvencionada incorporaranse ao rexistro de actividades de tratamento de datos. En todo caso, deberá constar necesariamente a autorización expresa da persoa interesada para o tratamento e incorporación dos seus datos, sendo a entidade beneficiaria da axuda a que deberá recadar e custodiar esta documentación.
h) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidas polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a solicitude e/ou a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e sempre con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
i) Someterse ás actuacións de comprobación e facilitar toda a información requirida pola Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade. Ademais, para o caso das actuacións que sexan cofinanciadas polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, someterse ás actuacións de comprobación e control e facilitar toda a información requirida polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 74 e 81 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, que incluirán as correspondentes visitas sobre o terreo, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas, e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. Entre a información e a documentación que se debe conservar incluirase a seguinte:
1º. No caso de xestión directa do servizo pola propia entidade beneficiaria da subvención, deberán conservarse os contratos laborais ou mercantís, información da situación de alta na Seguridade Social das persoas traballadoras adscritas, das horas dedicadas polos traballadores a cada unha das prestacións e do lugar de impartición, documentación relativa ao control horario, ás verificacións de asistencia e aquela da cal se dispoña nos casos en que a titulación exixida poida ser suplida por coñecementos adquiridos no desempeño da súa profesión e complementados con formación específica.
2º. No caso de xestión indirecta do servizo mediante a concertación con terceiros da execución total ou parcial da actividade subvencionada, deberán conservarse as facturas emitidas pola entidade adxudicataria prestadora do servizo, onde consten os datos persoais de cada un dos integrantes do equipo de traballo, períodos de desempeño, grupos e perfís profesionais, tipo de vinculación coa entidade, dedicación total ou parcial e número total de horas de traballo de cada técnico.
j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
k) Así mesmo, cumprir coa obriga de subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro.
A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades ou agrupacións interesadas poidan exercer calquera outro que proceda en dereito. O recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o mesmo órgano que as ditou, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a orde xurisdicional competente, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2023. A conselleira de Política Social. P.D. (Disposición adicional terceira da Orde do 19.10.2022; DOG núm. 207, do 31 de outubro); Begoña Abeijón Fernández, directora xeral de Persoas con Discapacidade.
ANEXO I
Número de horas subvencionables desagregadas por entidade solicitante
Expediente |
Programa |
NIF |
Grupo |
Período desde |
Período ata |
Horas solicitadas |
Horas subvencionadas |
BS700A/2022/0001 |
I |
P3200025I |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
BS700A/2022/0001 Total |
10.320,00 |
10.320,00 |
|||||
BS700A/2022/0002 |
I |
P1500003G |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
2.933,00 |
2.673,97 |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.059,00 |
2.788,84 |
|||
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.059,00 |
2.788,84 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.059,00 |
2.788,84 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.059,00 |
2.788,84 |
|||
II |
1.11.2022 |
30.11.2022 |
126,00 |
114,87 |
|||
BS700A/2022/0002 Total |
15.295,00 |
13.944,21 |
|||||
BS700A/2022/0003 |
I |
P2700600F |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
2.580,00 |
2.580,00 |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
2.580,00 |
2.580,00 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
1.720,00 |
1.720,00 |
|||
BS700A/2022/0003 Total |
6.880,00 |
6.880,00 |
|||||
BS700A/2022/0004 |
I |
P3600034G |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.065,79 |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
2.000,00 |
1.782,44 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.065,79 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.065,79 |
|||
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.065,79 |
|||
BS700A/2022/0004 Total |
15.760,00 |
14.045,60 |
|||||
BS700A/2022/0005 |
I |
P1505700C |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.230,80 |
I |
2.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.230,80 |
|||
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.230,80 |
|||
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.230,80 |
|||
BS700A/2022/0005 Total |
13.760,00 |
12.923,18 |
|||||
BS700A/2022/0006 |
I |
P2702000G |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.230,80 |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.230,80 |
|||
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.230,80 |
|||
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.230,80 |
|||
BS700A/2022/0006 Total |
13.760,00 |
12.923,18 |
|||||
BS700A/2022/0007 |
I |
P1507100D |
I |
1.11.2022 |
16.12.2022 |
140,00 |
140,00 |
17.12.2022 |
31.10.2024 |
2.912,00 |
2.912,00 |
||||
II |
1.11.2022 |
16.12.2022 |
280,00 |
280,00 |
|||
17.12.2022 |
31.10.2024 |
5.824,00 |
5.824,00 |
||||
BS700A/2022/0007 Total |
9.156,00 |
9.156,00 |
|||||
BS700A/2022/0008 |
I |
P3603500D |
I |
1.1.2023 |
31.10.2024 |
3.153,33 |
3.153,33 |
II |
1.1.2023 |
31.10.2024 |
4.730,00 |
4.730,00 |
|||
BS700A/2022/0008 Total |
7.883,33 |
7.883,33 |
|||||
BS700A/2022/0009 |
I |
P1506800J |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
2.800,00 |
2.720,33 |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.000,00 |
2.914,64 |
|||
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
2.600,00 |
2.526,02 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.000,00 |
2.914,64 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.000,00 |
2.914,64 |
|||
BS700A/2022/0009 Total |
14.400,00 |
13.990,26 |
|||||
BS700A/2022/0010 |
I |
P1503400B |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
2.935,68 |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
2.935,68 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
2.935,68 |
|||
II |
31.1.2023 |
31.10.2024 |
3.010,00 |
2.568,72 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
2.935,68 |
|||
BS700A/2022/0010 Total |
16.770,00 |
14.311,45 |
|||||
BS700A/2022/0011 |
I |
P1505800A |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.131,00 |
3.131,00 |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.117,00 |
3.117,00 |
|||
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
850,00 |
850,00 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
1.680,00 |
1.680,00 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
1.080,00 |
1.080,00 |
|||
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.117,00 |
3.117,00 |
|||
BS700A/2022/0011 Total |
12.975,00 |
12.975,00 |
|||||
BS700A/2022/0012 |
I |
P2705000D |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
2.925,00 |
2.866,35 |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
1.790,00 |
1.754,11 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
2.972,50 |
2.912,90 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
1.790,00 |
1.754,11 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
2.972,50 |
2.912,90 |
|||
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
1.900,00 |
1.861,90 |
|||
BS700A/2022/0012 Total |
14.350,00 |
14.062,28 |
|||||
BS700A/2022/0013 |
I |
P3600400J |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
BS700A/2022/0013 Total |
10.320,00 |
10.320,00 |
|||||
BS700A/2022/0014 |
I |
P2703900G |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.010,00 |
3.010,00 |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
2.670,46 |
2.670,46 |
|||
II |
7.11.2022 |
31.10.2024 |
2.670,46 |
2.670,46 |
|||
BS700A/2022/0014 Total |
8.350,92 |
8.350,92 |
|||||
BS700A/2022/0015 |
I |
P1504200E |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.439,92 |
2.724,89 |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.439,92 |
2.724,89 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.439,92 |
2.724,89 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.439,92 |
2.724,89 |
|||
BS700A/2022/0015 Total |
13.759,68 |
10.899,56 |
|||||
BS700A/2022/0016 |
I |
P3603300I |
II |
17.9.2023 |
31.10.2024 |
960,00 |
920,82 |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.299,62 |
|||
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.299,62 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.299,62 |
|||
BS700A/2022/0016 Total |
11.280,00 |
10.819,67 |
|||||
BS700A/2022/0017 |
I |
P3601500F |
II |
15.1.2023 |
31.10.2024 |
1.541,00 |
1.541,00 |
15.3.2023 |
31.10.2024 |
1.398,00 |
1.398,00 |
||||
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
1.720,00 |
1.720,00 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
BS700A/2022/0017 Total |
11.539,00 |
11.539,00 |
|||||
BS700A/2022/0018 |
I |
P1503200F |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
BS700A/2022/0018 Total |
10.320,00 |
10.320,00 |
|||||
BS700A/2022/0019 |
I |
P3603900F |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
BS700A/2022/0019 Total |
10.320,00 |
10.320,00 |
|||||
BS700A/2022/0020 |
I |
P3601700B |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
2.080,00 |
2.080,00 |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
2.080,00 |
2.080,00 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
2.080,00 |
2.080,00 |
|||
BS700A/2022/0020 Total |
6.240,00 |
6.240,00 |
|||||
BS700A/2022/0021 |
I |
P3600100F |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
BS700A/2022/0021 Total |
10.320,00 |
10.320,00 |
|||||
BS700A/2022/0022 |
I |
P3600800A |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
2.832,50 |
2.832,50 |
|||
BS700A/2022/0022 Total |
9.712,50 |
9.712,50 |
|||||
BS700A/2022/0023 |
I |
P1507800I |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
392,00 |
392,00 |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
1.970,00 |
1.970,00 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
2.462,00 |
2.462,00 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
1.580,00 |
1.580,00 |
|||
BS700A/2022/0023 Total |
6.404,00 |
6.404,00 |
|||||
BS700A/2022/0024 |
I |
P2703000F |
II |
1.3.2023 |
31.10.2024 |
1.428,00 |
1.341,71 |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.232,13 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.232,13 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
1.720,00 |
1.616,07 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.232,13 |
|||
II |
8.11.2022 |
31.10.2024 |
1.720,00 |
1.616,07 |
|||
BS700A/2022/0024 Total |
15.188,00 |
14.270,24 |
|||||
BS700A/2022/0025 |
I |
P2705700I |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
BS700A/2022/0025 Total |
13.760,00 |
13.760,00 |
|||||
BS700A/2022/0026 |
I |
P2706800F |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.000,00 |
3.000,00 |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.000,00 |
3.000,00 |
|||
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.000,00 |
3.000,00 |
|||
BS700A/2022/0026 Total |
9.000,00 |
9.000,00 |
|||||
BS700A/2022/0027 |
I |
P1500900D |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
BS700A/2022/0027 Total |
10.320,00 |
10.320,00 |
|||||
BS700A/2022/0028 |
I |
P3200022F |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.105,00 |
3.105,00 |
II |
29.11.2022 |
31.10.2024 |
3.157,50 |
3.157,50 |
|||
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.194,00 |
3.194,00 |
|||
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.228,00 |
3.228,00 |
|||
BS700A/2022/0028 Total |
12.684,50 |
12.684,50 |
|||||
BS700A/2022/0029 |
I |
P3600900I |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
BS700A/2022/0029 Total |
10.320,00 |
10.320,00 |
|||||
BS700A/2022/0030 |
II |
P2701400J |
I |
1.4.2023 |
31.10.2024 |
2.723,27 |
2.723,27 |
II |
1.4.2023 |
31.10.2024 |
5.446,54 |
5.446,54 |
|||
BS700A/2022/0030 Total |
8.169,81 |
8.169,81 |
|||||
BS700A/2022/0031 |
I |
P1501700G |
I |
1.3.2023 |
31.10.2024 |
1.570,00 |
1.570,00 |
II |
1.3.2023 |
31.10.2024 |
3.140,00 |
3.140,00 |
|||
BS700A/2022/0031 Total |
4.710,00 |
4.710,00 |
|||||
BS700A/2022/0032 |
I |
P2700300C |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
BS700A/2022/0032 Total |
10.320,00 |
10.320,00 |
|||||
BS700A/2022/0033 |
I |
P3604900E |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
BS700A/2022/0033 Total |
13.760,00 |
13.760,00 |
|||||
BS700A/2022/0034 |
I |
P1500002I |
II |
1.2.2023 |
31.10.2024 |
1.820,00 |
1.820,00 |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.178,00 |
3.178,00 |
|||
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.178,00 |
3.178,00 |
|||
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.178,00 |
3.178,00 |
|||
BS700A/2022/0034 Total |
11.354,00 |
11.354,00 |
|||||
BS700A/2022/0035 |
I |
P2702100E |
II |
1.1.2023 |
31.10.2024 |
11.109,00 |
8.854,58 |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
2.741,90 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
2.741,90 |
|||
BS700A/2022/0035 Total |
17.989,00 |
14.338,38 |
|||||
BS700A/2022/0036 |
I |
P2701600E |
I |
1.1.2024 |
31.10.2024 |
740,00 |
740,00 |
II |
1.4.2023 |
31.10.2024 |
2.632,50 |
2.632,50 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.345,00 |
3.345,00 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
2.705,00 |
2.705,00 |
|||
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.345,00 |
3.345,00 |
|||
BS700A/2022/0036 Total |
12.767,50 |
12.767,50 |
|||||
BS700A/2022/0037 |
I |
P1500500B |
II |
1.3.2023 |
31.10.2024 |
2.866,00 |
2.372,71 |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.300,00 |
2.732,02 |
|||
I |
1.3.2023 |
31.10.2024 |
2.866,00 |
2.372,71 |
|||
II |
1.11.2022 |
28.2.2023 |
434,00 |
359,30 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.300,00 |
2.732,02 |
|||
BS700A/2022/0037 Total |
12.766,00 |
10.568,76 |
|||||
BS700A/2022/0038 |
I |
P1508300I |
II |
1.1.2023 |
31.10.2024 |
1.650,00 |
1.650,00 |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
BS700A/2022/0038 Total |
11.970,00 |
11.970,00 |
|||||
BS700A/2022/0039 |
I |
P1507600C |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
4.081,00 |
3.440,00 |
I |
1.11.2022 |
31.5.2023 |
1.003,41 |
1.003,41 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
4.081,00 |
3.440,00 |
|||
I |
1.6.2023 |
31.10.2024 |
2.436,61 |
2.436,61 |
|||
BS700A/2022/0039 Total |
11.602,02 |
10.320,02 |
|||||
BS700A/2022/0040 |
I |
P1500100A |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
BS700A/2022/0040 Total |
10.320,00 |
10.320,00 |
|||||
BS700A/2022/0041 |
I |
P1508400G |
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
I |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
II |
1.11.2022 |
31.10.2024 |
3.440,00 |
3.440,00 |
|||
BS700A/2022/0041 Total |
10.320,00 |
10.320,00 |
ANEXO II
Relación de entidades beneficiarias co correspondente
incremento da subvención inicialmente concedida
Código |
Nome |
NIF |
2023 |
2024 |
Total |
BS700A.2022.0001 |
Mancomunidade de concellos da comarca de Verín |
P3200025I |
10.281,30 € |
10.281,30 € |
20.562,60 € |
BS700A.2022.0002 |
Mancomunidade de municipios da comarca de Ordes |
P1500003G |
11.843,54 € |
11.676,46 € |
23.520,00 € |
BS700A.2022.0003 |
Agrupación de Becerreá, Baralla, As Nogais e Navia de Suarna |
P2700600F |
5.615,80 € |
5.615,80 € |
11.231,60 € |
BS700A.2022.0004 |
Mancomunidade do Baixo Miño |
P3600034G |
11.760,00 € |
11.760,00 € |
23.520,00 € |
BS700A.2022.0005 |
Agrupación de Negreira e Val do Dubra |
P1505700C |
11.755,91 € |
11.764,09 € |
23.520,00 € |
BS700A.2022.0006 |
Agrupación de Friol, Begonte, Rábade, Guntín e Palas de Reis |
P2702000G |
11.760,00 € |
11.760,00 € |
23.520,00 € |
BS700A.2022.0007 |
Concello das Pontes de García Rodríguez |
P1507100D |
7.221,98 € |
7.505,44 € |
14.727,43 € |
BS700A.2022.0008 |
Concello de Nigrán |
P3603500D |
5.901,39 € |
7.081,67 € |
12.983,06 € |
BS700A.2022.0009 |
Agrupación da Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro |
P1506800J |
11.760,00 € |
11.760,00 € |
23.520,00 € |
BS700A.2022.0010 |
Agrupación de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Zas e Vimianzo |
P1503400B |
11.480,63 € |
12.039,37 € |
23.520,00 € |
BS700A.2022.0011 |
Agrupación de Noia, Lousame, Outes, Muros e Porto do Son |
P1505800A |
12.131,46 € |
12.131,46 € |
24.262,93 € |
BS700A.2022.0012 |
Agrupación de Quiroga, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Bóveda, Sober, O Saviñao, Pantón e Pobra do Brollón |
P2705000D |
11.760,00 € |
11.760,00 € |
23.520,00 € |
BS700A.2022.0013 |
Concello de Bueu |
P3600400J |
8.299,86 € |
8.299,86 € |
16.599,72 € |
BS700A.2022.0014 |
Agrupación de Outeiro de Rei, Castro de Rei e Cospeito |
P2703900G |
6.667,74 € |
6.699,53 € |
13.367,26 € |
BS700A.2022.0015 |
Concello da Laracha |
P1504200E |
9.300,00 € |
9.300,00 € |
18.600,00 € |
BS700A.2022.0016 |
Concello de Mos |
P3603300I |
8.745,81 € |
9.854,19 € |
18.600,00 € |
BS700A.2022.0017 |
Agrupación de Cuntis, Barro, Caldas de Reis, Catoira, Moraña e Portas |
P3601500F |
8.811,78 € |
9.514,65 € |
18.326,43 € |
BS700A.2022.0018 |
Agrupación dos concellos de Curtis, Sobrado, Aranga, Boimorto e Coirós |
P1503200F |
9.290,58 € |
9.290,58 € |
18.581,16 € |
BS700A.2022.0019 |
Concello do Porriño |
P3603900F |
8.299,86 € |
8.299,86 € |
16.599,72 € |
BS700A.2022.0020 |
Concello da Estrada |
P3601700B |
5.018,52 € |
5.018,52 € |
10.037,04 € |
BS700A.2022.0021 |
Agrupación dos concellos de Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente |
P3600100F |
8.299,86 € |
8.299,86 € |
16.599,72 € |
BS700A.2022.0022 |
Concello de Cangas |
P3600800A |
7.869,60 € |
7.869,60 € |
15.739,20 € |
BS700A.2022.0023 |
Agrupación de Santa Comba e A Baña |
P1507800I |
4.535,63 € |
4.535,63 € |
9.071,27 € |
BS700A.2022.0024 |
Agrupación de Mondoñedo, Abadín, Barreiros, Lourenzá, Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Trabada, Meira e Pol |
P2703000F |
11.544,71 € |
11.975,29 € |
23.520,00 € |
BS700A.2022.0025 |
Agrupación de Sarria, Láncara, Triacastela, O Páramo, Paradela, Samos e O Incio |
P2705700I |
11.726,96 € |
11.726,96 € |
23.453,92 € |
BS700A.2022.0026 |
Agrupación dos concellos de Burela, Viveiro, Xove, Cervo, O Vicedo, Foz, Ribadeo e O Valadouro |
P2706800F |
8.102,25 € |
8.102,25 € |
16.204,50 € |
BS700A.2022.0027 |
Agrupación dos concellos de Betanzos, Oza-Cesuras e Paderne |
P1500900D |
8.299,86 € |
8.299,86 € |
16.599,72 € |
BS700A.2022.0028 |
Mancomunidade de concellos da comarca do Carballiño |
P3200022F |
11.637,09 € |
11.818,06 € |
23.455,15 € |
BS700A.2022.0029 |
Agrupación dos concellos da Cañiza, Mondariz, Mondariz Balneario, Covelo e Melón |
P3600900I |
8.299,86 € |
8.299,86 € |
16.599,72 € |
BS700A.2022.0030 |
Agrupación O Corgo, Castroverde e Baleira |
P2701400J |
4.841,47 € |
8.299,67 € |
13.141,14 € |
BS700A.2022.0031 |
Concello de Cambre |
P1501700G |
3.030,41 € |
4.545,62 € |
7.576,03 € |
BS700A.2022.0032 |
Agrupación dos concellos de Antas de Ulla, Portomarín e Monterroso |
P2700300C |
9.290,58 € |
9.290,58 € |
18.581,16 € |
BS700A.2022.0033 |
Agrupación de Salceda de Caselas e As Neves |
P3604900E |
10.736,24 € |
10.736,24 € |
21.472,48 € |
BS700A.2022.0034 |
Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol |
P1500002I |
9.687,85 € |
10.056,14 € |
19.744,00 € |
BS700A.2022.0035 |
Agrupación de Vilalba, Guitiriz e Xermade |
P2702100E |
11.145,16 € |
12.374,84 € |
23.520,00 € |
BS700A.2022.0036 |
Agrupación de Chantada, Carballedo e Taboada |
P2701600E |
8.696,30 € |
11.741,83 € |
20.438,12 € |
BS700A.2022.0037 |
Concello de Arteixo |
P1500500B |
8.725,68 € |
9.874,32 € |
18.600,00 € |
BS700A.2022.0038 |
Agrupación de Teo e Ames |
P1508300I |
9.362,24 € |
9.574,71 € |
18.936,95 € |
BS700A.2022.0039 |
Concello de Sada |
P1507600C |
8.299,98 € |
8.299,78 € |
16.599,76 € |
BS700A.2022.0040 |
Agrupación dos concellos de Abegondo, Bergondo e Carral |
P1500100A |
8.299,86 € |
8.299,86 € |
16.599,72 € |
BS700A.2022.0041 |
Agrupación dos concellos de Toques, Melide, Arzúa, Santiso e Vilasantar |
P1508400G |
8.299,86 € |
8.299,86 € |
16.599,72 € |
Total |
368.437,62 € |
383.733,60 € |
752.171,21 € |
ANEXO III
Nova entidade susceptible de obter subvención, período subvencionable,
horas subvencionables e importe da subvención correspondente
á solicitude presentada
Expediente |
Entidade |
Programa |
Grupo |
Perfil |
Desde |
Ata |
Horas solicitadas |
Horas subvención final |
Importe 2023 |
Importe 2024 |
Importe total |
BS700A.2023.0001 |
Concello de Ponteareas |
I |
I |
Pedagoxía |
1.10.2023 |
31.10.2024 |
1.863,00 |
1.787,85 |
3.681,67 |
44.180,00 |
47.861,67 |
I |
Psicoloxía |
1.10.2023 |
31.10.2024 |
1.863,00 |
1.787,85 |
3.681,67 |
44.180,00 |
47.861,67 |
|||
I |
Maxisterio |
1.10.2023 |
31.10.2024 |
1.863,00 |
1.787,85 |
3.681,67 |
44.180,00 |
47.861,67 |
|||
Total |
5.589,00 |
5.363,55 |
11.045,00 |
132.540,00 |
143.585,00 |