Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT regulamentación CN0807 nos apoios AX6IP097//16 e AX88C389//17, no concello do Carballiño, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.
O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, situada na rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense, tras solicitaren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen.
Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.
Ourense, 21 de setembro de 2023
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2022/34-3.
Instalación: LMT regulamentación CN0807 nos apoios AX6IP097//16 e AX88C389//17.
Concello: O Carballiño.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Incidencia |
Data de ocupación |
1 |
Estibadas |
32020A055009600000RW |
Pablo Otero Maril |
Notificación infrutuosa |
31.3.2023 |
3 |
Estibadas |
32020A055009570000RW |
Herdeiros de Isolina González Perea |
Enderezo descoñecido |
31.3.2023 |