DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2023 Páx. 55417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 21 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de substitución do apoio AAFQMhQ9//19-2 da LMTA SJG805 e instalación RC, no concello de Cerdedo-Cotobade.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de substitución do apoio AAFQMhQ9//19-2 da LMTA SJG805 e instalación RC, no concello de Cerdedo-Cotobade, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 21 de setembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/012-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución do apoio AAFQMhQ9//19-2 da LMTA SJG805 e instalación RC.

Concello: Cerdedo-Cotobade.

Predio

Ref. catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36012A006007580000ZX

Vila de Abaixo-Sacos

Descoñecida

16 de novembro de 2023

12.00