Na sesión que tivo lugar o día 2 de outubro de 2023, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG núm. 115, do 18 de xuño),
ACORDOU:
Primeiro. Mediante a Resolución do 27 de xuño de 2023 (publicada no DOG núm. 127, do 5 de xullo), este tribunal acordou facer pública a baremación definitiva da fase de concurso.
Por estimación dun recurso de alzada, este tribunal acorda modificar a Resolución do 27 de xuño de 2023 (publicada no DOG núm. 127, do 5 de xullo), en relación coa puntuación da aspirante afectada que pasa a ter a seguinte puntuación:
NIF |
Nome e apelidos |
Base II.2.2.1 |
Base II.2.2.2 |
Base II.2.2.3 |
Total |
***3292** |
Isabel García Novais |
0,00 |
3,30 |
0,85 |
4,15 |
Segundo. Mediante a Resolución do 29 de xuño de 2023 (publicada no DOG núm. 137, do 19 de xullo), este tribunal acordou facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas.
Debido á modificación da puntuación do baremo definitivo, este tribunal acorda modificar a Resolución do 29 de xuño de 2023 (publicada no DOG núm. 137, do 19 de xullo), en relación coa puntuación da persoa afectada, e renumerar a orde das persoas aspirantes:
NIF |
Apelidos e nome |
Exercicio 1 |
Exercicio 2 |
Exercicio 3 |
Fase concurso |
Total |
***3292** |
Isabel García Novais |
16,40 |
27,00 |
21,49 |
4,15 |
69,04 |
De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2023
José Ángel Mourelo Ortueta
Presidente do tribunal