A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.
En virtude da Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG núm. 115, do 18 de xuño; con corrección de erros no DOG núm. 107, do 6 de xuño), convocouse o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas. Ademais, en virtude da Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG núm. 115, do 18 de xuño), convocouse o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.
Os tribunais designados para cualificar os ditos procesos acordaron facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición e de concurso para o seu nomeamento como persoal funcionario en prácticas, na Resolución do 5 de xullo de 2023 na escala superior de finanzas (DOG núm. 134, do 14 de xullo de 2023) e na Resolución do 29 de xuño de 2023 na escala técnica de finanzas (DOG núm. 137, do 19 de xullo), modificada pola Resolución do 2 de outubro de 2023.
Unha vez rematadas as respectivas fases de oposición e de concurso dos ditos procesos selectivos, e verificada a concorrencia dos requisitos exixidos ás persoas aspirantes nas bases das ditas convocatorias, así como co obxecto de que as persoas aspirantes que os superaron poidan ser nomeadas persoal funcionario en prácticas no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, e/ou, de ser o caso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, de acordo coas bases das respectivas convocatorias, e segundo o disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público; na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron os ditos procesos selectivos e que, para dar cumprimento á base III.1 da convocatoria da escala superior de finanzas e na base II.4 da convocatoria da escala técnica de finanzas, son convocadas de xeito presencial ao acto de elección de destinos en prácticas, segundo a orde que, en aplicación das bases das convocatorias, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino. Este acto terá lugar no salón de actos pequeno (núm. 2) da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), ás 11.30 horas do día 6 de outubro de 2023.
Segundo. As prazas ofertadas para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo a que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.
Terceiro. As persoas que superasen as fases de oposición e de concurso de ambos os procesos selectivos poderán manifestar no acto citado na disposición primeira desta resolución a súa vontade de realizar as prácticas coa promoción inmediatamente posterior do subgrupo a que acceden, para o cal deberán presentar a correspondente solicitude, que será resolta pola Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública consonte o previsto no ordinal quinto da Resolución do 28 de setembro de 2023 pola que se regula o período de prácticas das persoas aspirantes que superaron as fases de oposición e de concurso dos procesos selectivos para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021, e para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021.
Cuarto. Para a selección de destinos, as persoas aspirantes procederán da seguinte forma:
Unha vez que sexan chamadas no acto de elección de destino, a persoa aspirante deberá achegarse á Presidencia da mesa do acto e elixir entre as opcións «Renuncia» ou «Escoller praza». As persoas aspirantes non poderán optar pola solicitude de excedencia.
1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito nese mesmo acto. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario en prácticas do subgrupo a que accede.
2º. De elixir a opción «Escoller praza», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia e segundo a orde establecida no anexo I desta resolución, entre os destinos que se ofertan.
Quinto. Á persoa aspirante que non se presente ao acto de elección de destino en prácticas o día sinalado seralle adxudicada en destino a praza que lle corresponda atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.
Sexto. Nomear persoal funcionario en prácticas do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, e, de ser o caso, do corpo de xestión de Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición e de concurso do respectivo proceso selectivo, convocados por cadansúa Resolución do 31 de maio de 2021, e que figuran no anexo I ordenadas de acordo coa puntuación final obtida.
O nomeamento terá efectos, segundo establece a base III.1 da convocatoria da escala superior de finanzas e na base II.4 da convocatoria da escala técnica de finanzas, desde a data de inicio do período de prácticas regulamentado na Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 28 de setembro de 2023, que será o día 10 de outubro de 2023.
A situación xurídica das persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario en prácticas será a prevista no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións concordantes.
Sétimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2023
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO I
Nº orde elección |
Nº orde no seu proceso selectivo |
DNI |
Apelidos e nome |
Subgr. |
1 |
1 |
***5528** |
Fraga Martínez, María del Rosario |
A1 |
2 |
2 |
***8232** |
Peitieiros García, Antía |
A1 |
3 |
3 |
***9004** |
Conde Delgado, Leticia |
A1 |
4 |
1 |
***6603** |
Piñeiro Rodríguez, Concepción |
A2 |
5 |
2 |
***1495** |
Gómez Abeledo, Daniel |
A2 |
6 |
3 |
***1593** |
Reverter Viso, Sonia |
A2 |
7 |
4 |
***1574** |
Grandal López, Adrián |
A2 |
8 |
5 |
***2626** |
Fraga Falcón, Juan José |
A2 |
9 |
6 |
***5134** |
Carreira Méndez, Carmen |
A2 |
10 |
7 |
***4721** |
González Mareque, Lidia |
A2 |
11 |
8 |
***3292** |
García Novais, Isabel |
A2 |
12 |
9 |
***2528** |
Ferreiro Fernández, Iago |
A2 |
13 |
10 |
***8334** |
González Vázquez, David |
A2 |
14 |
11 |
***8167** |
López Fernández, Elba |
A2 |
15 |
12 |
***2217** |
Pérez-Mendaña Piñeiro, Irene |
A2 |
16 |
13 |
***4450** |
Asorey Souto, Laura |
A2 |
17 |
14 |
***5939** |
Mosquera Rey, Ana María |
A2 |
18 |
15 |
***5395** |
Miramontes Borrajo, Laura |
A2 |
19 |
16 |
***4848** |
Campo Regueiro, Fernando |
A2 |
20 |
17 |
***9004** |
Conde Delgado, Leticia |
A2 |
21 |
18 |
***9701** |
Pedrares Tuñas, Mónica |
A2 |
22 |
19 |
***0197** |
López Cabana, Marta |
A2 |
23 |
20 |
***5528** |
Fraga Martínez, María del Rosario |
A2 |
24 |
21 |
***1125** |
Mariño Moure, Pilar |
A2 |
25 |
22 |
***2170** |
Conde Lois, Patricia |
A2 |
26 |
23 |
***4026** |
Queiruga Taboada, Pablo |
A2 |
27 |
24 |
***6658** |
Pombo Arzúa, José Manuel |
A2 |
28 |
25 |
***0104** |
Garrido Antelo, Iria |
A2 |
29 |
26 |
***9828** |
González Martín, Bárbara |
A2 |
ANEXO II
Prazas ofertadas
Nº |
Centro directivo |
Concello |
Subgr. |
1 |
Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos |
Santiago de Compostela |
A1 |
2 |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A1 |
3 |
Axencia Tributaria de Galicia |
Ourense |
A1 |
4 |
Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos |
Santiago de Compostela |
A2 |
5 |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A2 |
6 |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A2 |
7 |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A2 |
8 |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A2 |
9 |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A2 |
10 |
Axencia Tributaria de Galicia |
Santiago de Compostela |
A2 |
11 |
Axencia Tributaria de Galicia |
Santiago de Compostela |
A2 |
12 |
Axencia Tributaria de Galicia |
Santiago de Compostela |
A2 |
13 |
Axencia Tributaria de Galicia |
Vigo |
A2 |
14 |
Axencia Tributaria de Galicia |
Vigo |
A2 |
15 |
Axencia Tributaria de Galicia |
Lugo |
A2 |
16 |
Axencia Tributaria de Galicia |
Lugo |
A2 |
17 |
Axencia Tributaria de Galicia |
A Coruña |
A2 |
18 |
Axencia Tributaria de Galicia |
A Coruña |
A2 |
19 |
Axencia Tributaria de Galicia |
A Coruña |
A2 |
20 |
Axencia Tributaria de Galicia |
Pontevedra |
A2 |
21 |
Axencia Tributaria de Galicia |
Pontevedra |
A2 |
22 |
Axencia Tributaria de Galicia |
Pontevedra |
A2 |
23 |
Axencia Tributaria de Galicia |
Ourense |
A2 |
24 |
Axencia Tributaria de Galicia |
Ourense |
A2 |
25 |
Axencia Tributaria de Galicia |
Ourense |
A2 |
26 |
Axencia Tributaria de Galicia |
Ourense |
A2 |
27 |
Axencia Tributaria de Galicia |
Ourense |
A2 |