En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro).
DISPOÑO:
Darlle publicidade á relación dos convenios e protocolos subscritos pola Escola Galega de Administración Pública referida aos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2023
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO
Convenios e protocolos de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2023
Convenio |
Data de sinatura |
Importe |
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de actividades de formación |
12.5.2023 |
Sen achega económica por parte da EGAP |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Escola Galega de Administración Pública para a organización do Plan de formación do Servizo Público de Emprego de Galicia do ano 2023 no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia – financiado pola Unión Europea – Nextgenerationeu |
30.5.2023 |
Sen achega económica por parte da EGAP |
Acordo de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a Consellería de Facenda e Administración Pública e a Escola Galega de Administración Pública para desenvolver medidas de formación en materia de igualdade, prevención e loita contra a violencia de xénero con cargo aos Fondos Finalistas do Estado para a loita contra a violencia de xénero |
9.6.2023 |
Sen achega económica por parte da EGAP |
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para o desenvolvemento de actividades de formación |
26.6.2023 |
66.480 € |
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. para o desenvolvemento de actividades de formación |
6.7.2023 |
Sen achega económica por parte da EGAP |
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para a convocatoria e o desenvolvemento de actividades de formación no marco galego de competencias dixitais COMDIX no ámbito do persoal empregado público no ano 2023 |
18.8.2023 |
Sen achega económica por parte da EGAP |