DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2023 Páx. 55879

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 25 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais, para a prórroga na contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local, e se convoca para o ano 2023 (código de procedemento TR351B).

BDNS (Identif.): 719562.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Entidades locais ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha Administración local, sempre que todas elas dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos e non incorran nas circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Segundo. Obxecto

Prórroga da contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local, no ámbito de colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade coas entidades locais, a través dos programas de cooperación, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na implantación das políticas activas de emprego e a xeración de emprego na contorna local.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 25 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais, para a prórroga na contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local, e se convoca para o ano 2023 (código de procedemento TR351B).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínanse dous millóns douscentos mil euros (2.200.000 €).

Quinta. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2023

Elena Rivo López
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade