DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2023 Páx. 56068

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 22 de maio de 2023 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 14 de xullo de 2021.

Mediante a Resolución do 22 de maio de 2023 (DOG núm. 100, do 29 de maio) resolveuse o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas.

Na dita orde advírtese que non foron publicados os destinos adxudicados na fase de resultas.

Polo exposto,

RESOLVO:

Modificar a Resolución do 22 de maio de 2023 (DOG núm. 100, do 29 de maio) pola que se resolveu o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 14 de xullo de 2021, no seguinte sentido:

Primeiro. Engadir, como anexo III da resolución, os destinos adxudicados na fase de resultas.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou, directamente, recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO III

(Fase de resultas)

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Subgrupo

Posto

Código do posto

Denominación

Cons.

Concello

Nivel

Arias

López

María Yolanda

***2281**

A2

66

FC.A29.10.000.27001.115

Subxefatura Unidade de Inspección

FC

Lugo

25

Novas

Pereira

Óscar

***6936**

A2

67

FC.C03.00.002.15770.037

Xefatura de Sección

FC

Santiago de Compostela

25

Eiroa

Fondo

Ana María

***6641**

A2

69

FC.C03.00.030.15001.012

Xefatura de Sección II

FC

A Coruña

25