DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2023 Páx. 56345

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Allariz

ANUNCIO da oferta de emprego público de 2023.

Mediante a Resolución da Alcaldía deste concello do 3 de outubro de 2023, aprobouse a oferta de emprego público correspondente á praza que a continuación se apunta para o ano 2023:

Tipo de persoal: persoal funcionario.

Denominación: administrativo/a de Recadación e Tesouraría; grupo C; subgrupo C1.

Número de vacantes: 1.

Cúmprense o artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor, alternativamente, recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, se este radica en Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que vostede poida interpor calquera outro recurso que poida considerar máis conveniente ao seu dereito.

Allariz, 3 de outubro de 2023

María Cristina Cid Fernández
Alcaldesa