DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2023 Páx. 56419

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de outubro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro/a forestal, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 192, do 9 de outubro de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 56269, no sumario e no contido:

Onde di: «bombeiro/a forestal-condutor/a de motobomba», debe dicir: «bombeiro/a forestal».

Na páxina 56270:

Onde di: «bombeiro/a forestal-condutor/a de motobomba», debe dicir: «bombeiro/a forestal».