DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2023 Páx. 56414

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no segundo cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada Consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáse publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde no segundo cuadrimestre do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2023

Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Obxecto

Importe

Data da sinatura

Addenda ao Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Profesor Novoa Santos (FPNS) para a xestión da formalización dos contratos Río Hortega, concedidos ao Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (Inibic), a través da FPNS ao abeiro da convocatoria AES 2019

Sen achega económica

1.3.2022

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Profesor Novoa Santos (FPNS) para a xestión da formalización dos contratos Río Hortega, concedidos ao Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (Inibic), a través da FPNS ao abeiro da convocatoria AES 2021

Sen achega económica

1.3.2022

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS) para a xestión da formalización dos contratos Río Hortega, concedidos ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), a través da FIDIS ao abeiro da convocatoria AES 2021

Sen achega económica

4.4.2022

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Organon Saúde, S.L. para a organización dunha xornada sobre saúde con perspectiva de xénero con expertos clínicos

Sen achega económica

15.3.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga ACLAD da Coruña para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos

1.887.654,00 €

14.4.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Alborada de Vigo, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos.

1.680.946,00 €

14.4.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ferrolá de Drogodependencias (Asfedro), para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

1.046.022,00 €

14.4.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cruz Vermella de Lugo para o desenvolvemento de programas de asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

695.594,00 €

14.4.2023

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela para un proxecto de investigación denominado Descubrimento e validación de biomarcadores non invasivos de endotipos asmáticos específicos (estudo Nbiosae)

Sen achega económica

24.4.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Geriatros, S.A.U. para a organización da prestación farmaceútica no Centro Sociosanitario Residencia Domusvi Ciudad de Pontevedra

Sen achega económica

24.4.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade da Coruña en relación co funcionamento da Clínica Universitaria de Podoloxía no Hospital Naval de Ferrol

Sen achega económica

27.4.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Deputación Provincial de Ourense para o uso gratuito do servizo fitness, modalidades de pilates, ioga/meditación, no Pazo de Deportes Paco Paz, por pacientes afectados coa COVID persistente

Sen achega económica

2.5.2023

Convenio entre a Consellería de Sanidade e a Real Academia de Medicina e Cirurxía

30.000,00 €

9.5.2023

Convenio de cooperacion entre a Consellería de Sanidade e a Universidade de Santiago de Compostela para a participación conxunta no estudo das enfermidades e a vixilancia da prevalencia destas nos animais de abasto sacrificados en Galicia

2023: 14.520 €
2024: 18.150 €
2025: 18.150 €
2026: 3.630 €
Total: 54.450 €

9.5.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., coa finalidade do mantemento integral do equipamento de alta tecnoloxía da marca Phillips

Sen achega económica

10.5.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue

58.200,00 €

10.5.2023

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), para a realización de programas de atención e protección da saúde

4.022.800,00 €

22.5.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais (Aspanaes) para a actualización e implantación do proceso asistencial no eido dos trastornos da aprendizaxe e trastornos de saúde mental relacionados en saúde mental infanto-xuvenil

150.000,00 €

25.5.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Azhéimer (Fagal) para o desenvolvemento dunha serie de actividades de información e apoio aos familiares e coidadores

72.771,00 €

29.5.2023

Convenio marco de colaboración institucional entre a Consellería de Sanidade e a Universidade de Santiago de Compostela para o intercambio de coñecemento, a formación e a difusión en materia de saúde pública

Sen achega económica

29.5.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva na contorna sanitaria

43.405,00 €

29.5.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Renacer para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico-social

17.380,00 €

29.5.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Érguete-Integración para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa itinere

117.343,00 €

29.5.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Érguete, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico-social

163.788,00 €

29.5.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Vieiro para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa atención xurídico-social

7.373,00 €

30.5.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Rexurdir Provincial para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa atención xurídico-social

25.177,00 €

30.5.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Antonio Noche para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico-social

29.719,00 €

30.5.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (Fademga Plena Inclusión Galicia) para a realización de actividades de sensibilización, mellora da comunicación e promoción da saúde mental coas persoas con discapacidade intelectual no Sistema sanitario público de Galicia

Sen achega económica

6.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., coa finalidade do mantemento integral do equipamento de alta tecnoloxía da marca GE

Sen achega económica

7.6.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Dilemma Solutions, S.L. para a realización dun programa piloto de perfeccionamento, mellora e validación dun sistema de apoio á decisión clínica en cancro de mama e a súa valoración para unha eventual implantación no Sistema público de saúde de Galicia

Sen achega económica

14.6.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Aliad-Ultreia para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico-social

52.140,00 €

14.6.2023

Convenio de colaboración entre Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios S.A. e a Universidade de Vigo, para a realización de proxectos de investigación industrial no marco dun programa de doutoramento

Sen achega económica

16.6.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e o Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. para a realización de actividades no Centro de Tecnoloxías Cirúrxicas Minimamente Invasivas (Tecmeva)

30.000,00 €

19.6.2023

Protocolo xeral de actuación entre a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P., ao abeiro do Centro de Estudios Avanzados de Blanes, e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, para o desenvolvemento de liñas de acción e proxectos conxuntos en áreas de interese común, especialmente, no marco da Plataforma de ciencia ciudadana Mosquito Alert

Sen achega económica

21.6.2023

Convenio entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e o Comité Cidadán Antisida da Coruña (Casco) para a realización dun programa piloto de fomento da prevención e cribaxe de VIH e VHC en zonas de lecer da cidade da Coruña e eventos de lecer doutros lugares da provincia da Coruña.

18.000,00 €

21.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A. coa finalidade do mantemento integral do equipamento de alta tecnoloxía da marca Siemens

Sen achega económica

26.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade Católica Santa Teresa de Jesús, de Ávila, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais da Facultade de Ciencias da Saúde

Sen achega económica

26.6.2023

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS) para a continuidade da unidade mixta Roche-Chus Joint Unit for Precision Oncology

75.000,00 €

30.6.2023

Addenda ao Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de San Amaro no cal se establecen as bases para a reforma do Centro de Saúde de San Amaro

Sen achega económica

30.6.2023

Convenio marco de colaboracion entre o Servizo Galego de Saúde e o Laboratorio Novartis Farmacéutica, S.A. para a realización de actividades de interese sanitario en materia de formación, investigación e innovación na Área de Respiratorio

Sen achega económica

30.6.2023

Convenio marco de colaboracion entre o Servizo Galego de Saúde e o Laboratorio Novartis Farmaceutica, S.A., para a realización de actividades de interese sanitario en materia de formación, investigación e innovación na Área de Oftalmoloxía

Sen achega económica

30.6.2023

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Laboratorio Novartis Farmaceutica, S.A. para a realización de actividades de interese sanitario en materia de formación, investigación e innovación na Área de Neuroloxía

Sen achega económica

30.6.2023

Décimo sétimo acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade da Coruña e o Servizo Galego de Saúde, publicado pola Orde do 20 de decembro de 2001

923.883,60 €

1.7.2023

Décimo oitavo acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde, publicado por Orde do 18 de xuño de 2001

3.770.524,58 €

1.7.2023

Décimo sétimo acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Vigo e o Servizo Galego de Saúde, publicado pola Orde do 20 de decembro de 2001

78.480,58 €

1.7.2023

Convenio marco de colaboración institucional entre a Consellería de Sanidade e a Sociedade Galega de Medicina Preventiva e Saúde Pública (Sogamp) para o intercambio de coñecemento, a formación e a difusión en materia de saúde pública

Sen achega económica

5.7.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Frades no cal se establecen as bases para a reforma do Centro de Saúde da Ponte Carreira

20.097,75 €

5.7.2023

Convenio marco de colaboración institucional entre a Consellería de Sanidade e a Fundación Galicia Sur para o intercambio de coñecemento, a innovación, a investigación e a difusión de información en materia de saúde pública

Sen achega económica

18.7.2023

Acordo marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Laboratorio Roche Farma, S.A.U. para valorar a implementación da estratificación do risco de padecer cancro de pulmón cunha ferramenta xerada por intelixencia artificial e a posibilidade de aplicalo no marco dunha estratexia de diagnóstico precoz en Galicia

Sen achega económica

19.7.2023

Acordo de prórroga ao Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Laboratorios Novo Nordisk Pharma, S.A., para a actualización do proceso asistencial integrado diabetes mellitus tipo 2

Sen achega económica

20.7.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Frades no cal se establecen as bases para a reforma do consultorio de Abellá

4.098,76 €

27.7.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Consello Oficial de Colexios de Médicos de Galicia, para o desenvolvemento do programa de atención integral ao médico enfermo (PAIME)

57.830,00 €

31.7.2023

Convenio marco de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) e a Sociedade Galega de Medicina Intensiva e Unidades Coronarias (Sogamiuc) para a colaboración técnica, científica e docente no ámbito da doazón e o transplante de órganos, tecidos e células humanas

Sen achega económica

3.8.2023

Acordo de prórroga ao Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, en representación da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, e a Fundación Internacional Josep Carreras para determinar o procedemento de subministración das unidades de sangue de cordón umbilical

Sen achega económica

4.8.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Cospeito no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Cospeito

53.974,65 €

31.8.2023