DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2023 Páx. 56409

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 27 de setembro de 2023, de concesión de axudas ao abeiro da Orde do 10 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023 (código de procedemento BS508E).

No Diario Oficial de Galicia núm. 140, do 24 de xullo de 2023, publícase a Orde do 10 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023 (procedemento BS508E).

De conformidade co artigo 18 da antedita orde, a resolución do procedemento de axuda, logo da fiscalización da proposta en uso das competencias conferidas no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, correspóndelle á directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude.

Así mesmo, o seu artigo 20, establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Presentadas as solicitudes e rematada a instrución tras a valoración de conformidade coas bases, con data do 27 de setembro de 2023, o órgano competente emite a resolución que finaliza o procedemento e procede á súa notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 27 de setembro de 2023, para o procedemento BS508E, de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria de carácter asociativo e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional financiado pola Unión Europea-NextGenerationEu, para o ano 2023, que se incorpora no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 27 de setembro de 2023 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de 10 días computado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2023

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución do 27 de setembro de 2023, ditada no procedemento BS508E, de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEu, para o ano 2023

Vista a proposta de resolución do Servizo de Voluntariado e Participación de conformidade co disposto nos artigos 14, 15 e 18 da Orde do 10 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023 (procedemento BS508E).

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a axuda ás entidades locais propostas no anexo I, ao abeiro do establecido no artigo 18 da Orde do 10 de xullo de 2023.

Esta concesión resulta de aplicación de conformidade cos criterios de valoración previstos no artigo 16 das bases reguladoras, por un importe total de 74.831,90 €, para entidades locais, con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.312F.460.0.

Segundo. Conceder a axuda ás entidades de acción voluntaria propostas no anexo II, ao abeiro do establecido no artigo 18 da Orde do 10 de xullo de 2023.

Esta concesión resulta de aplicación de conformidade cos criterios de valoración previstos no artigo 16 das bases reguladoras, por un importe total de 52.105,00 €, para entidades de acción voluntaria, con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.312F.481.0.

Da contía prevista para entidades locais, resérvase un 15 % para as solicitudes presentadas por fusións de municipios, agrupacións, asociacións, mancomunidades de concellos ou calquera outra similar.

Terceiro. As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 10 de xullo de 2023 e, especialmente, ás establecidas no artigo 26.

A xustificación das subvencións realizarase de acordo co establecido no artigo 23 da convocatoria.

Así mesmo, o pagamento das axudas realizáranse de acordo co previsto nos artigos 24 e 25 da mesma convocatoria.

Cuarto. Denegar e/ou desestimar as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa concreta que motivou a denegación ou inadmisión.

Quinto. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2023. A Conselleira de Política Social e Xuventude; P.D. (artigo 18 e disposición adicional segunda da Orde do 10.7.2023); Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO I

Axudas concedidas a entidades locais

Concesións conxuntas

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2023/010

Agrupación de concellos de Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Rairiz de Veiga

P3209000C

Ourense

50,00

18.500,00 €

Total

18.500,00 €

Concesións individuais

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2023/009

Concello da Veiga

P3208400F

Ourense

77,00

23.032,00 €

2

2023/002

Concello de Laza

P3204000H

Ourense

67,50

25.000,00 €

3

2023/003

Concello de Nogueira de Ramuín

P3205300A

Ourense

54,75

8.299,90 €

Total

56.331,90 €

ANEXO II

Axudas concedidas a entidades de acción voluntaria

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2023/006

Escola de Tempo Libre Colaxe

G10818920

A Coruña

64,75

22.920,00 €

2

2023/008

Asociación Limisi, para a Promoción das Persoas con Diversidade Funcional da Comarca da Limia

G32302671

Ourense

71,25

15.000,00 €

3

2023/001

Fundación Amigos de la Barrera

G32321978

Ourense

50,50

10.000,00 €

4

2023/004

Asociación para el Desarrollo Educativo y Cultural, ADEC

G94153053

Pontevedra

65,75

4.185,00 €

Total

52.105,00 €

ANEXO III

Solicitudes desestimadas

Denegadas entidades de acción voluntaria

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Causa de desestimación

1

2023/005

Asociación Antonio Noche

G15210388

A Coruña

Artigo 10 desistencia

2

2023/007

Asociación Esgaia Inserta

G16918641

Ourense

Artigo 17.2 non obter a puntuación mínima exixida