DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2023 Páx. 56406

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2023 pola que se dá publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 8 de marzo de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 57, do 22 de marzo) pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CT104B).

O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade de publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas coa indicación da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 8 de marzo de 2023 (DOG núm. 57, do 22 de marzo), pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se procede á súa convocatoria para o ano 2023, con cargo ás aplicacións orzamentarias 10.05.433A.770.0 e 10.05.433A.781.2, segundo o anexo I desta resolución.

Segundo. Desestimar o resto das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 8 de marzo de 2023, que se recollen no anexo II desta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades

ANEXO I

Aplicación

Nome

Actuación

Subvención

10.05.433A.781.2

Manuel Lastra Galiano

Sondaxes arqueolóxicas manuais e control de movementos de terras no inmoble nº 5 da rúa P. Isla (Pontevedra)

2.410,93 €

10.05.433A.781.2

David Troitiño Cabanelas

Sondaxes arqueolóxicas valorativas na rúa San Roque de Abaixo, 13 (Pontevedra)

1.119,25 €

10.05.433A.781.2

Iago Pedrero Gómez

Sondaxes arqueolóxicas no inmoble nº 5 da rúa do Pazo, Bouzas (Vigo, Pontevedra)

797,09 €

10.05.433A.781.2

Iago Pedrero Gómez

Control arqueolóxico das obras de rehabilitación do inmoble da rúa do Pazo, 5, Bouzas (Vigo, Pontevedra)

688,31 €

10.05.433A.781.2

Rosa María Forneiro Arce

Control arqueolóxico das obras de reestruturación de espazo interior de vivenda unifamiliar na rúa Peñasco, 4 (Vigo, Pontevedra)

520,30 €

10.05.433A.781.2

Gemma María Mayoral Coloma

Sondaxes arqueolóxicas na parcela 56 do SAU-1, sector A, barrio de Xermaña, en Panxón (Nigrán, Pontevedra)

1.227,55 €

10.05.433A.781.2

José Conde Rodríguez

Sondaxes arqueolóxicas valorativas vinculadas ás obras de rehabilitación de edificación para vivenda unifamiliar na rúa Flores, 19-21 (Monforte de Lemos, Lugo)

650,38 €

10.05.433A.781.2

Roberto Xosé Blach Blach

Sondaxes arqueolóxicas manuais para a construción de vivenda unifamiliar, piscina e peche na parcela con referencia catastral 6519458NG1661N0001HF, en Borreiros (Gondomar, Pontevedra)

2.460,57 €

10.05.433A.781.2

Alberto Pérez González

Control arqueolóxico da construción dun peche na parcela 54035A061002320000HO, na rúa Cabaleiros, Lavandeira, Parada (Nigrán, Pontevedra)

439,59 €

10.05.433A.781.2

Luciano López González

Sondaxes arqueolóxicas para as obras de rehabilitación de edificio para vivenda unifamiliar e local comercial na rúa Princesa, 7 (Pontevedra)

1.382,30 €

10.05.433A.781.2

Diego Montero Gomes

Sondaxe arqueolóxica mecánica no soar da rúa Terrameiga, 1 (Nigrán, Pontevedra)

484,00 €

10.05.433A.781.2

Rafael Molezun Mosquera

Sondaxes arqueolóxicas mecánicas para a construción de piscina no Camiño da Madorra, 8 (Nigrán, Pontevedra)

827,64 €

10.05.433A.781.2

Nuria Palamidessi Vázquez

Sondaxes arqueolóxicas manuais avaliativas derivadas da obra de rehabilitación do inmoble nº 4 da rúa Fonte de Zeta, no casco histórico de Baiona (Pontevedra)

755,35 €

10.05.433A.781.2

Julio Comesaña Italiani

Control arqueolóxico da construción de peche da parcela situada no Camiño de San Lourenzo, s/n, en Coruxo (Vigo, Pontevedra)

512,74 €

10.05.433A.781.2

Encarnación Ruiz Gómez

Sondaxes arqueolóxicas valorativas vinculadas ás obras de rehabilitación dunha vivenda na rúa Abelardo Baanante, 27 (Monforte de Lemos, Lugo)

605,00 €

10.05.433A.770.0

CMVMC de Saiar

Prospección arqueolóxica e control arqueolóxico para traballos de reforestación na parcela 794 do polígono 71 e parcela 1334 do polígono 66, na parroquia de Saiar (Santo Estevo) (Caldas de Reis, Pontevedra)

1.166,00 €

10.05.433A.770.0

Viveiros Río Tollo, S.L.

Sondaxes arqueolóxicas mecánicas na parcela 2374 do polígono 519, San Cristovo de Goián (Tomiño, Pontevedra)

2.944,96 €

10.05.433A.770.0

Abadía de Tortoreos, S.L.

Control arqueolóxico do movemento de terras derivado da ampliación de viñedo en 3 parcelas na parroquia de Setados

(As Neves, Pontevedra)

676,28 €

10.05.433A.770.0

Fonte da Portela, S.L.

Sondaxes arqueolóxicas no inmoble do nº 8 da rúa Real, casco vello (Vigo, Pontevedra)

4.731,22 €

ANEXO II

Solicitante

Actuación

Motivo

Xunta de Compensación do pol. 1, lg. Pedro Fernández

Prospección arqueolóxica previa á construción de urbanización do pol. 1 do API S37 situado na avenida da Pasaxe (A Coruña)

Queda excluída en virtude do artigo 2.2 alínea a) da Orde do 8 de marzo de 2023, onde se indica que quedan excluídas as actividades arqueolóxicas incluídas nos procedementos de avaliación ambiental.

Patricia Carrera Fernández

Sondaxes arqueolóxicas para rehabilitación de vivenda no inmoble

da rúa Santiago, 23, casco vello

(Vigo, Pontevedra)

Queda excluída por non axustarse ao artigo 5 alínea a) da Orde do 8 de marzo de 2023, onde se indica que un dos requisitos que se deben cumprir é que as actuacións arqueolóxicas estean autorizadas e fosen realizadas desde o 2017 en diante e estean finalizadas na data de publicación desta orde.

CAD montes en man común lg. Bermés

Sondaxes manuais valorativas e conservación no xacemento non catalogado da capela, en Bermés

(Lalín, Pontevedra)

Queda excluída por non axustarse ao artigo 1.1 da Orde do 8 de marzo de 2023, dado que non se trata dun promotor particular de calquera tipo de obra que afecte un monumento, conxunto histórico, zona arqueolóxica ou xacementos catalogados ou inventariados, en que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ou a figura de planeamento vixente determine a necesidade de realizar intervencións arqueolóxicas, xa que a intervención é unha iniciativa da CAD montes en man común lg. Bermés.