DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2023 Páx. 56631

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso oposición, para o ingreso no grupo IV, categoría 21, de persoal laboral da Xunta de Galicia, oficial/a de segunda carpinteiro/a da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 7 de outubro de 2023, o tribunal nomeado por Resolución do 15 de setembro de 2023 (DOG núm. 178, do 19 de setembro) proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso oposición, para o ingreso no grupo IV, categoría 21, de persoal laboral da Xunta de Galicia, oficial/a de segunda carpinteiro/a da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) acordou, de conformidade co disposto na base III.1.2.6 da convocatoria, que o exercicio primeiro e único da oposición terá lugar o día 24 de outubro de 2023, en chamamento único, que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 6 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas), Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI, NIE, pasaporte, permiso de condución ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2023

Juan Francisco Rodríguez Cendán
Presidente do tribunal