DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2023 Páx. 56630

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia, na categoría de operador/a de ordenador (persoal do Cixtec), convocado por Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro e único exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 6 de outubro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2023 (DOG núm. 178, do 19 de setembro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia, na categoría de operador/a de ordenador (persoal do Cixtec), convocado por Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro); acordou, de conformidade co disposto na base III.1.2.6 da convocatoria, que o exercicio da fase de oposición, pola quenda de acceso libre, terá lugar o día 24 de outubro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se poden levar móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2023

Alfonso Pereira Martínez
Presidente do tribunal