DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2023 Páx. 56629

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 22 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 6 de outubro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio), para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021 (DOG núm. 244, do 22 de decembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 16 de outubro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 2 e 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4 en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán presentarse provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que ao xuízo do tribunal acredite a súa identidade, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2023

Alfonso Pereira Martínez
Presidente do tribunal