DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2023 Páx. 56583

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 8 de setembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 5 de xaneiro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dun programa de cooperación con oganismos intermedios sen ánimo de lucro, para o asesoramento a empresas, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR349Z).

O 27 de xaneiro de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, do 5 de xaneiro de 2023, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dun programa de cooperación con organismos intermedios sen ánimo de lucro, para o asesoramento a empresas, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR349Z).

Esta convocatoria de subvencións pretende apoiar a integración das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no mercado laboral e a través do Programa de cooperación con organismos intermedios sen ánimo de lucro, dirixido a mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

Tras a publicación da orde de convocatoria, a xestión da tramitación para a revisión da documentación e a fase de resolución, resulta preciso adaptar as datas de determinados artigos para poder cumprir cos prazos establecidos.

As axudas outorgadas no marco desta convocatoria serán establecidas baixo a modalidade dun incentivo á contratación, que inclúe a obriga do mantemento do emprego durante os nove meses previstos na convocatoria, sen ter que rectificar os importes previamente establecidos.

Consecuentemente con todo o anterior, logo de informe da Dirección Xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos, da Asesoría Xurídica e da Intervención Delegada, e no exercicio das facultades que teño conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 5 de xaneiro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dun programa de cooperación con organismos intermedios sen ánimo de lucro, para o asesoramento a empresas, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR349Z)

Modifícase a Orde do 5 de xaneiro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dun programa de cooperación con organismos intermedios sen ánimo de lucro, para o asesoramento a empresas, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR349Z), que queda modificada como segue:

Un. Modificación do parágrafo primeiro do artigo 1

1. Esta convocatoria ten por obxecto financiar accións de fomento do emprego en colaboración con organismos intermedios sen ánimo de lucro a través dun incentivo á contratación por nove meses a xornada completa de persoas mozas, incluídas e que consten como beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que faciliten a súa inserción laboral (código de procedemento TR349Z).

Dous. Modificación do parágrafo cuarto do artigo 8

4. Para os efectos destas subvencións, non se considera subvencionable o importe da indemnización prevista polo artigo 49.1.c) do Estatuto dos traballadores, así como os incentivos e complementos extrasalariais que non formen parte da base de cotización.

Tres. O parágrafo terceiro do artigo 21 queda redactado como segue:

3. Os contratos subvencionados ao abeiro desta orde comezarán como data límite o 1 de maio de 2023 e rematarán aos 9 meses, salvo que se trate de contratos de carácter indefinido. No caso de contratos indefinidos, o importe subvencionable será como máximo de 9 meses. Excepcionalmente, cando concorran causas debidamente xustificadas, a Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social poderá autorizar o inicio dos servizos con posterioridade ao devandito prazo.

De producirse ampliación de crédito segundo o previsto no artigo 4.4, as datas límite previstas no parágrafo anterior poderán ampliarse se for preciso para garantir un período mínimo de 9 meses de contratación a xornada completa.

Catro. O parágrafo terceiro do artigo 23 queda redactado como segue:

3. O prazo para presentar a documentación xustificativa finaliza o 1 de xuño de 2023. Excepcionalmente, cando concorran causas debidamente xustificadas, a Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social poderá autorizar a achega da devandita documentación xustificativa con posterioridade ao devandito prazo.

Cinco. A alínea j) do artigo 24 queda redactado como segue:

j) Presentar ante a Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, antes do 30 de abril de 2024, unha memoria final, no modelo publicado na páxina web:

https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego?content=iniciativa_0044.html

Seis. O parágrafo segundo do artigo 25 queda redactado como segue:

2. Antes do 30 de abril de 2024, o organismo intermedio beneficiario, unha vez cumprida a condición do mantemento do emprego, deberá presentar ante a Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social a seguinte documentación:

– Memoria final, no modelo publicado na páxina web:

https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego?content=iniciativa_0044.html

– Certificado de fin de actuación asinado pola persoa responsable competente do organismo intermedio beneficiario, segundo o modelo publicado na páxina web.

Sete. A alínea k) do parágrafo segundo do artigo 26 queda redactadoa como segue:

l) No caso de incumprimento do mantemento de emprego por un período mínimo de nove meses: reintegro total da axuda, agás no caso de baixa voluntaria da persoa traballadora, que efectuará a devolución parcial da axuda concedida de non optar o organismo intermedio beneficiario pola substitución da persoa contratada, de xeito que a contía que haberá que reintegrar será a que corresponda ao período en que o posto estivo vacante.

Neste suposto, o cálculo do importe que se deberá devolver realizarase do seguinte xeito:

Primeiro: divídese o incentivo entre o número de días obrigatorios de mantemento do emprego (270 días).

Segundo: calcúlanse os días desde que se produciu a baixa laboral ata a data en que se cumprirían os nove meses de contrato.

Disposición derradeira primeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2023

Elena Rivo López
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade