O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Dar publicidade da relación dos convenios suscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.
A Estrada, 3 de outubro de 2023
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
Relación de convenios suscritos pola Agasp 
no segundo cuadrimestre do ano 2023 
| Convenio | Data | Achega total da Agasp | 
| Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e ás prazas de auxiliares de policía local ou vixiantes municipais entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Cambre. | 4.5.2023 | Sen achega económica | 
| Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás prazas de auxiliares de policía local entre Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello da Illa de Arousa. | 26.5.2023 | Sen achega económica | 
| Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Arzúa. | 14.7.2023 | Sen achega económica | 
| Addenda ao convenio para a sunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xusticia e Deportes e o concello de Carral. | 21.7.2023 | Sen achega económica | 

