DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2023 Páx. 56904

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se exclúen dúas persoas aspirantes admitidas ao proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a e bombeiro forestal-condutor de motobomba, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por Orde da Consellería de Facenda do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo), convocouse o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro forestal-condutor de motobomba e bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a Resolución do 29 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 27, do 10 de febreiro), aprobáronse e fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a e bombeiro forestal-condutor de motobomba, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

A base I.2.3 da devandita convocatoria dispón que non poderán participar no proceso selectivo as persoas que xa pertencen á especialidade a que se presenta. En virtude das actuacións realizadas en aplicación da dita base, constátase que unha persoa aspirante, incluída como admitida con carácter definitivo na referida Resolución do 29 de xaneiro de 2021, xa pertence á especialidade a que se presenta.

Asemade, outra persoa aspirante presentou escrito renunciando ao seu dereito para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira nunha especialidade obxecto da convocatoria citada anteriormente. Deste xeito,

DISPOÑO:

Primeiro. Excluír do proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro forestal-condutor de motobomba e bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, as seguintes persoas aspirantes:

DNI

Apelidos e nome

Especialidade

Motivo

***9518**

Fernández Pereira, Marta

Emisorista/vixilante fixo/a

Xa pertence á especialidade

***4707**

Caloto Sandamil, José Manuel

Bombeiro forestal-condutor de motobomba

Renuncia

Segundo. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2023

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública