DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2023 Páx. 56903

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 22 de xuño de 2022, pola que se resolven as reclamacións presentadas con relación ás puntuacións do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 28 de setembro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 22 de xuño de 2022 (DOG núm. 121, do 27 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. Modificar, con base nas alegacións presentadas, as puntuacións obtidas polas seguintes aspirantes no primeiro exercicio do proceso selectivo, que pasan a ser as que se amosan a continuación:

DNI

Apelidos e nome

Puntuación

***1935**

González Gil, Maite

24,21

***8153**

Rivas López, Sara

27,56

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións recibidas.

Terceiro. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2023

Dolores Veiga Gondelle
Presidenta do tribunal