DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2023 Páx. 57121

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Instituto Feiral da Coruña (Ifeco)

ANUNCIO da publicación das baremacións definitivas dos tribunais cualificadores do proceso selectivo extraordinario de estabilización (grupo III, asistente de dirección e técnico de mantemento).

Mediante dúas resolucións do 19 de setembro de 2023, da Presidencia dos tribunais, publícase a baremación definitiva dos tribunais cualificadores do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías do grupo III, asistente de dirección e técnico de mantemento da Fundación Pública Galega Instituto Feiral da Coruña (Ifeco).

Ambas as resolucións publicaranse no portal web corporativo da Fundación Pública Galega Instituto Feiral da Coruña (Ifeco) www.expocoruna.com

A Coruña, 20 de setembro de 2023

Andrés Fernández Calderón
Director xerente da Fundación Pública Galega
Instituto Feiral da Coruña