DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2023 Páx. 57120

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario.

A Xunta de Goberno Local, na sesión do 15.9.2023, acordou o nomeamento como persoal funcionario de carreira para ocupar unha praza de policía local (escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local, grupo C, subgrupo C1 de titulación), incluída nas OEP dos anos 2017, 2018 e 2019 pola quenda libre, de:

Bastos Salorio, E., con DNI ***7352**

A persoa interesada deberá tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no DOG. No caso de non facelo, procederase a declarala en situación cesante e, consecuentemente, decaída no seu dereito.

Ao dito nomeamento dáselle publicidade consonte o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación de función pública vixente.

Vigo, 19 de setembro de 2023

O alcalde
P.D. (Resolución do 28.6.2023)
Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística, Educación,
Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución do 28.6.2023 e Acordo do 22.6.2023)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade, Contratación,
Festas e Xestión Municipal