DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2023 Páx. 57343

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de declaración como persoal laboral fixo descontinuo dunha persoa por superar un proceso selectivo (estabilización).

Mediante o Decreto de Alcaldía 2669/2023, do 24 de agosto de 2023, resolveuse declarar persoal laboral fixo descontinuo na praza de persoal de servizos xerais (servizo de actividades complementarias), grupo C3, con tipo de adscrición definitiva e co código RPT 09.02.19, a Sofía María Cornejo Ardións, con DNI ***0919**, por superar o proceso selectivo relacionado.

A declaración de persoal laboral fixo descontinuo foi publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 162, do 25 de agosto de 2023, así como no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello e na páxina web municipal.

A formalización do contrato efectuarase dentro do prazo máximo dun mes a partir da publicación da declaración como persoal laboral fixo no Boletín Oficial da provincia. A contratación producirá efectos desde o día do inicio do período de actividade do servizo.

Ames, 14 de setembro de 2023

José Blas García Piñeiro
Alcalde