DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2023 Páx. 57344

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de funcionarios/as de carreira da oferta de emprego público de 2022.

A concellaría responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante resolucións do 6 de xullo de 2023, nomeou funcionarios/as de carreira deste concello a:

– Marcos Freire Romero, con DNI ***3153**, para ocupar unha praza de auxiliar administrativo da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de promoción interna, da OEP ordinaria do ano 2022.

– Alejandro Carballa Rodríguez, con DNI ***8116**, para ocupar unha praza de auxiliar administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre, da OEP ordinaria do ano 2022.

– Bárbara María Caride Nimes, con DNI ***0155**, para ocupar unha praza de auxiliar administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre, da OEP ordinaria do ano 2022.

Os ditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualificadores, ao cal se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as ditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor ben o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpor calquera outro recurso que xulguen procedente conforme dereito.

Pontevedra, 30 de agosto de 2023

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 17.6.2023)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados