De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución do recurso de alzada interposto contra a resolución recaída no expediente tramitado no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia de Pontevedra, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.
Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo a este anuncio, os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Xustiza, sita na rúa Madrid, 2-4, 2º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Este anuncio publícase para que conste e lles sirva de notificación aos interesados en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 a Lei 39/2015, do 1 de outubro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, e sen prexuízo de que poidan presentar calquera outro recurso que consideren conveniente.
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2023
José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza
ANEXO
Expediente |
NIF/NIE/pasaporte |
Acto notificado |
PO-2023/00029 |
54917265G |
Resolución do recurso de alzada |
BR0305619 |