Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Sareb.
Domicilio social: r/ Costa Brava, 12, 28034 Madrid.
Denominación: LMTS e CT r/ Dr. Paz Varela esquina r/ Fernández Areal.
Situación: O Porriño.
Características técnicas:
LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1 de 81 metros de lonxitude, con orixe e final na LMT ATI7261049, facendo entrada e saída no centro de transformación proxectado. Centro de transformación subterráneo, a 630 kVA con RT 20 kV/400 V.
A instalación está situada na rúa Dr. Paz Varela facendo esquina coa rúa Fernández Areal, O Porriño.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial
RESOLVE:
Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 19 de maio de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra