En sesión que tivo lugar o 2 de outubro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de xuño de 2023 (DOG nº 132, do 12 de xullo) para cualificar o proceso extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, para o ingreso no grupo 4, administrativo (técnico auxiliar en informática),
ACORDOU:
Primeiro. Publicar, como anexo a esta resolución, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida pola persoa aspirante, de conformidade co disposto na base III.3 da convocatoria.
Segundo. De acordo co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2023
Patricia Roiola Rodríguez
Presidenta do tribunal
ANEXO
Baremación provisional da fase de concurso:
NIF |
Apelidos e nome |
III 1.1.1.a) Experiencia profesional: CES |
III.1.1.1.b) Experiencia profesional: outros entes |
III.1.1.2.a) Outros méritos: formación |
III.1.1.2.a) Outros méritos: galego |
Total puntuación |
***3075** |
Castro Ures, Esther |
57 |
11,62 |
25 |
4 |
97,62 |