De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade mediante a Resolución do 7 de xuño de 2023 (BOE do 20 de xuño), para a provisión da praza 23/024 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de Socioloxía, Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación desta universidade, a favor de María Paloma Moré Corral, con DNI núm. ***5238**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.
Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Paloma Moré Corral profesora titular de universidade da área de coñecemento de Socioloxía, Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación desta universidade.
No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición, ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
A Coruña, 5 de outubro de 2023
Julio Ernesto Abalde Alonso
Rector da Universidade da Coruña