DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 17 de outubro de 2023 Páx. 57410

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022, relativo á baremación definitiva, a relación dos/das aspirantes seleccionados e pola que se inicia o prazo para a elección de destino.

A base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 26 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023), pola que se realizou a convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías, entre elas na categoría de médico/a de familia de atención primaria, dispón que contra os resultados da baremación provisional os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación, ante o propio tribunal, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, o tribunal efectuará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas de méritos do concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as, pola orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso, e elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A base novena da resolución de convocatoria establece que, declarados os/as aspirantes seleccionados/as, se aprobará a relación, por institución sanitaria, das prazas que se oferten, para que manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

De conformidade co anteriormente exposto, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) o acordo do tribunal, relativo á puntuación definitiva do proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022.

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Coa finalidade de dotar de transparencia o proceso, ao existiren aspirantes empatados, publicarase na páxina web o Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) a información que permitirá verificar a correcta aplicación do criterio de desempate establecido na base 8.1.6 da resolución de convocatoria do proceso.

Segundo. Publicar, como anexo I desta resolución, a relación dos/das aspirantes seleccionados/as neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso de conformidade co número de prazas convocadas.

Terceiro. Os/as aspirantes seleccionados/as que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non encontrarse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ter sido separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o/a imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría.

c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

Esta autorización deberá prestarse no modelo que para o efecto consta na páxina web do Servizo Galego de Saúde, na epígrafe relativa a emprego público www.sergas.es/emprego público.

d) Declaración xurada ou promesa de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta.

e) Os/as aspirantes seleccionados/as que accederon pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste prazo, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lle recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

De conformidade coa base 9.2 da Resolución do 26 de decembro de 2022, os/as que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar no proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Cuarto. Aprobar a relación de destinos que se ofertan aos/ás aspirantes seleccionados/as neste proceso, que figura como anexo II desta resolución.

Quinto. Abrir un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao desta publicación, para que os/as aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación.

A orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso, publicada no anexo I desta resolución, poderá ser alterada só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, no suposto de que a autoridade convocante considere a/as solicitude/s de alteración da orde por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas que, de ser o caso, realicen algún/s dos/das aspirantes que superasen o concurso de méritos pola quenda reservada a persoas con discapacidade. Para estes efectos, os/as aspirantes seleccionados/as que accederon pola quenda de persoas con discapacidade poderán solicitar á autoridade convocante, no prazo indicado neste ordinal quinto, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados.

No procedemento de selección de destinos resultarán de aplicación as bases aprobadas pola Resolución desta dirección do 28 de maio de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 5 de xuño).

Os/as aspirantes que, no prazo indicado e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino ou non resulten adxudicatarios/as de ningún daqueles polos que optasen, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.

Sexto. A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Sétimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as

Núm.
de orde

DNI

Apelidos e nome

Vía de acceso

Experiencia profesional

Formación, docencia, investigación e innovación sanitaria

Coñecemento de galego

Puntuación total

Sistema de desempate

Días de servizos prestados mesma categoría Sergas

1

***0841**

Prieto Granja, Rosa María

LI

28,000

12,000

5,000

45,000

10.154

2

***0600**

Freire Domínguez, María Purificación

LI

28,000

12,000

5,000

45,000

9.027

3

***5174**

Teijeiro Vilar, María Ángeles

LI

28,000

12,000

5,000

45,000

8.854

4

***1917**

Morillo Álvarez, Margarita

LI

28,000

12,000

5,000

45,000

8.596

5

***3400**

Bravo Fernández, José Antonio

LI

28,000

12,000

5,000

45,000

8.026

6

***3079**

Jardón Álvarez, María Teresa

DI

28,000

12,000

5,000

45,000

7.934

7

***4410**

Rivadulla Montaña, Josefa Ermitas

DI

28,000

12,000

5,000

45,000

7.808

8

***6394**

Fraga Díez, Mercedes

DI

28,000

12,000

5,000

45,000

7.275

9

***8900**

Da Costa Moure, Manuel Luis

LI

28,000

12,000

5,000

45,000

7.018

10

***8127**

Álvarez Ameijeiras, María Antonia

LI

28,000

12,000

5,000

45,000

6.399

11

***2607**

Álvarez Crucio, Ana María

LI

28,000

12,000

5,000

45,000

6.033

12

***5233**

Yera Acosta, Ada Alberta

LI

28,000

12,000

5,000

45,000

6.010

13

***4075**

Fernández Villaverde, Francisco Javier

LI

28,000

12,000

5,000

45,000

5.987

14

***4486**

Belmonte Otero, Ángela

LI

28,000

12,000

5,000

45,000

5.749

15

***2392**

Docampo Pérez, Natalia

LI

28,000

12,000

5,000

45,000

5.667

16

***6025**

Vargas Casaseca, Isabel

LI

27,825

12,000

5,000

44,825

17

***3409**

Clemente Gascon, María José

DI

27,750

12,000

5,000

44,750

18

***3329**

Martínez Puñal, María Dolores

LI

28,000

10,419

5,000

43,419

19

***2793**

Puentes Ramos, Regina María

LI

28,000

9,880

5,000

42,880

20

***4184**

Costas Lozoya, Jaime Alfonso

LI

28,000

9,615

5,000

42,615

21

***3359**

González González, Marina

LI

28,000

9,400

5,000

42,400

22

***3512**

Lueiro García, Francisco

LI

28,000

9,140

5,000

42,140

23

***1737**

Pavón López, Manuel

LI

28,000

8,835

5,000

41,835

24

***3338**

Amaro Prieto, María Elena

LI

28,000

8,783

5,000

41,783

25

***4348**

Alcaina Ferreiro, Rosa

LI

24,570

12,000

5,000

41,570

26

***4051**

Malvarez Caamaño, Juan Manuel

LI

28,000

8,450

5,000

41,450

8.180

27

***2809**

Iglesias Cardet, Manuel Antonio

LI

24,450

12,000

5,000

41,450

4.894

28

***3270**

Fernández González, Emilio José

LI

24,000

12,000

5,000

41,000

29

***3246**

Baamonde García, María Pilar

LI

28,000

7,865

5,000

40,865

30

***2874**

Leis Caruncho, Fernando

LI

23,850

12,000

5,000

40,850

31

***0213**

Sánchez Alonso, Florentina Milagros

LI

28,000

7,535

5,000

40,535

32

***5776**

Amigo Dobaño, María del Carmen

LI

23,360

12,000

5,000

40,360

33

***9641**

Berdullas Silva, Mercedes

LI

23,300

12,000

5,000

40,300

34

***6305**

Cigarrán Álvarez, José Ángel

LI

28,000

12,000

0,000

40,000

11.038

35

***7151**

Ramos Alija, Francisco Javier

LI

28,000

12,000

0,000

40,000

7.674

36

***8795**

Sampedro Martín, Fidel

LI

28,000

12,000

0,000

40,000

6.292

37

***9687**

Abu Komboz Abu Rahma, Ramzi

LI

28,000

12,000

0,000

40,000

5.712

38

***5621**

Vázquez Diéguez, José Jorge

LI

28,000

6,975

5,000

39,975

39

***3288**

Rueda García, Jesús Javier

LI

27,525

12,000

0,000

39,525

40

***5425**

Romero de Ávila Cabezón, Gabriel Ramón

LI

21,450

12,000

5,000

38,450

41

***7857**

Toucedo Vicente, María del Carmen

LI

21,150

12,000

5,000

38,150

42

***6710**

Tudela Navarro, Josep María

LI

25,650

12,000

0,000

37,650

Acceso: DI: discapacidade xeral; LI: libre.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.

ANEXO II

Prazas ofertadas

Centro directivo

Centro

Quenda

Concello

Titoría docente

Núm. de prazas

A.S. da Coruña e Cee

Carballo PAC

-

Carballo

-

1

A.S. da Coruña e Cee

Fisterra

Mañá

Fisterra

-

1

A.S. da Coruña e Cee

O Castrillón

Tarde

A Coruña

-

1

A.S. da Coruña e Cee

Oleiros-Perillo

Tarde

Oleiros

-

1

A.S. da Coruña e Cee

Ponteceso PAC

-

Ponteceso

-

1

A.S. de Ferrol

Cedeira PAC

-

Cedeira

-

2

A.S. de Ferrol

Ferrol PAC

-

Ferrol

Si

1

A.S. de Ferrol

Fontenla Maristany

Tarde

Ferrol

-

4

A.S. de Ferrol

Fontenla Maristany

Desprazable

Ferrol

-

1

A.S. de Ferrol

Pontedeume

Desprazable

Pontedeume

-

1

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Foz

Tarde

Foz

-

1

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Monforte PAC

-

Monforte de Lemos

-

1

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Sarria

Mañá

Sarria

Si

1

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Viveiro PAC

-

Viveiro

-

1

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

O Barco PAC

-

O Barco de Valdeorras

-

1

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Ourense PAC

-

Ourense

Si

1

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

A Pobra de Trives PAC

-

A Pobra de Trives

-

2

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Verín PAC

-

Verín

-

1

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A Estrada PAC

-

A Estrada

-

1

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Boiro

Tarde

Boiro

Si

1

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Boiro PAC

-

Boiro

-

1

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Lalín

Mañá

Lalín

-

2

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Melide

Mañá

Melide

-

1

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Mesía-Visantoña

Mañá

Mesía

-

1

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Muros PAC

-

Muros

-

2

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Rianxo PAC

-

Rianxo

-

1

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Ribeira PAC

-

Ribeira

-

1

A.S. de Vigo

A Cañiza PAC

-

A Cañiza

-

1

A.S. de Vigo

A Doblada

Tarde

Vigo

-

1

A.S. de Vigo

A Guarda PAC

-

A Guarda

-

1

A.S. de Vigo

Moaña

Tarde

Moaña

-

1

A.S. de Vigo

Ponteareas

Tarde

Ponteareas

-

1

A.S. de Vigo

Ponteareas PAC

-

Ponteareas

-

1

A.S. de Vigo

O Porriño

Tarde

O Porriño

-

1

A.S. de Vigo

Tomiño

Desprazable

Tomiño

-

1