DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2023 Páx. 57633

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2023 pola que se anuncia a convocatoria pública para cubrir unha praza de persoal laboral fixo.

Prazas: 1 (unha) responsable de mantemento.

Tipo de contrato: contrato fixo-contrato de relevo.

Proceso selectivo: concurso-oposición.

As bases desta convocatoria e as solicitudes estarán á disposición dos/das interesados/as na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, rúa Peirao Pasaxeiros, nº 1, e tamén na páxina web: www.portovilagarcia.es

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 20 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos na lexislación vixente.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas polos seguintes medios: taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e páxina web: www.portovilagarcia.es

Vilagarcía de Arousa, 20 de setembro de 2023

José Manuel Cores Tourís
Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa