DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2023 Páx. 57631

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO da modificación da oferta de emprego público 2022 extraordinaria ou adicional de estabilización derivada da Lei 20/2021, do 28 de decembro, en execución de sentenza.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vilalba, en sesión que tivo lugar o 26 de xullo de 2023, acordaba, por unanimidade, e en relación co expediente 1789/2022, a adopción do seguinte acordo, e procede a súa publicación no Diario Oficial de Galicia en cumprimento da súa parte dispositiva a seguir transcrita:

Primeiro. En execución da Sentenza 00018/2023, do 1 de febreiro, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Lugo no procedemento ordinario 000052/2021, modificar a oferta de emprego público 2022 extraordinaria ou adicional de estabilización derivada da Lei 20/2021, do 28 de decembro, medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, aprobada pola Resolución de Alcaldía número 2022-0390, con corrección de erros mediante a Resolución 2022-0325, nos termos seguintes:

I.A. Prazas estruturais de persoal do Concello de Vilalba desempeñadas por persoal con vinculación temporal de longa duración e incursas no suposto da disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público:

Modificar o nomenclátor de categoría laboral da praza a seguir referida á realidade dos feitos probados expresados na sentenza de razón e, consecuentemente, o contido material das funcións vinculadas:

Grupo de clasificación

Categoría laboral

Nº de prazas

Sistema de selección

Vínculo

4

Capataz grup. M. INT. INM

1

Concurso

Laboral

A praza ut supra queda configurada como segue:

Grupo de clasificación

Categoría laboral

Nº de prazas

Sistema de selección

Vínculo

4

Chofer

1

Concurso

Laboral

Segundo. Proceder á publicación íntegra deste acordo no Portal de transparencia da sede electrónica do Concello de Vilalba, así como a súa parte resolutiva no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no Diario Oficial de Galicia.

Vilalba, 26 de setembro de 2023

María Elba Veleiro Fernández
Alcaldesa