DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2023 Páx. 57857

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para o ingreso nunha praza de vixilante municipal no Concello de Rábade (código de procedemento PR461E).

No Diario Oficial de Galicia número 112, do 14 de xuño de 2023, publícase a Orde do 6 de xuño de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo unitario para o ingreso nunha praza de vixilante municipal no Concello de Rábade.

Mediante a Resolución do 24 de agosto de 2023, da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública (DOG núm. 165, do 31 de agosto), aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao dito proceso, así como as persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega.

Transcorrido o prazo de emenda das solicitudes establecido, e de conformidade co establecido na base 3.6.1 da Orde do 6 de xuño de 2023 (DOG núm. 112, do 6 de xullo) pola que se convoca o proceso selectivo unitario para o ingreso na praza de vixilante municipal no Concello de Rábade, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar con carácter definitivo as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para o ingreso nas prazas de vixilante municipal convocado pola Orde do 6 de xuño de 2023 (DOG núm. 112, do 6 de xullo) pola que se convoca o proceso selectivo unitario para o ingreso praza de vixilante municipal no Concello de Rábade, así como a listaxe definitiva de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega.

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal

A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo I a esta resolución.

A listaxe definitiva de persoas aspirantes non exentas da realización da proba de coñecementos de lingua galega figura como anexo II a esta resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director xeral da Agasp, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 9 de outubro de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I

Listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas

NIF

Apelidos e nome

Motivo da exclusión (cód.)

**5405***

Pérez Álvarez, Enrique

1

**9951***

Ramos Rueda, José Luis

1

Causas de exclusión:

Cód.

Descrición

3

Non ten ou non foi posible consultar a titularidade dos permisos de conducir.

ANEXO II

Listaxe definitiva de persoas aspirantes non exentas da realización
da proba de coñecementos da lingua galega

NIF

Apelidos e nome

**8383***

Castro Lago, Jesús

**3061***

López Gutiérrez, Martín

**1968***

Pérez Larrea, Breixo

**3466***

Pose Domínguez, José Luis

**8479***

Rodríguez Oreiro, Stefan