DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2023 Páx. 57859

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso de acceso por promoción interna nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, convocado mediante a Orde do 19 de abril de 2023 (código de procedemento PR461C).

No Diario Oficial de Galicia número 86, do 5 de maio de 2023, publicouse a Orde do 19 de abril de 2023 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (códigos de procedemento PR461C e PR461H).

No Diario Oficial de Galicia número 140, do 24 de xullo de 2023, publicouse a Resolución do 13 de xullo de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por promoción interna nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (código de procedemento PR461C).

Esta resolución concedía un prazo de 10 días hábiles para emendar as causas de exclusión ou de non exención da proba de coñecementos da lingua galega.

Transcorrido o prazo de emenda establecido no número 4.2 da convocatoria, e de conformidade co establecido no número 3.7.1 da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar con carácter definitivo as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao proceso de acceso por promoción interna nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, convocado pola Orde do 19 de abril de 2023 (DOG núm. 86, do 5 de maio).

A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal, xunto coa indicación da exención ou non da proba de coñecementos da lingua galega.

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, recurso potestativo de reposición perante o director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer no prazo de dous meses recurso contencioso-administrativo de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 10 de outubro de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas. Proceso de acceso
por promoción interna nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, convocado pola Orde do 19 de abril de 2023

NIF cifrado

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Causas exclusión

***9706**

Bugallo

Del Puerto

Iván

1

***7439**

Leitos

González

José Enrique

1

***6407**

Villa

Sobrino

Ricardo

1

Causas de exclusión

1

Non acredita o cumprimento do requisito establecido no número 3.4.1.g) da convocatoria