DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2023 Páx. 58060

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo de acceso libre, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 5 de outubro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (DOG núm. 121, do 27 de xuño), logo de resoltas e notificadas ás persoas interesadas as resolucións das alegacións presentadas ao abeiro do disposto na base II.1.2.8 da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Revisar nas listaxes de puntuacións provisionais publicadas no Diario Oficial de Galicia núm. 156, do 18 de agosto de 2023, a puntuación outorgada a unha persoa aspirante á que se lle considerou a súa alegación. Como consecuencia da revisión non se ven afectadas nin a cualificación das restantes persoas aspirantes nin o número de aspirantes que superaron o exercicio.

Segundo. Publicar no portal web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal, as puntuacións definitivas obtidas polas persoas aspirantes que realizaron o primeiro exercicio da fase de oposición.

De acordo co disposto na base III.13 da resolución de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2023

Juan José Nieto Montero
Presidente do tribunal