DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2023 Páx. 57935

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2023 pola que se conceden os distintivos Bandeira Verde de Galicia, de conformidade co disposto na Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión deste distintivo.

Examinado o informe proposta emitido polo xurado encargado de avaliar as candidaturas presentadas ao distintivo Bandeira Verde segundo a Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia, resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 29.3.2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 62) a Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia.

Segundo. O 30.5.2023 rematou o prazo previsto no artigo 4 da orde, no que se establece que as solicitudes se presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e que o prazo para a presentación das solicitudes das candidaturas comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e durará ata o 30 de maio de 2023.

Terceiro. Dentro do prazo indicado recibíronse 19 solicitudes correspondentes aos concellos de: Mondoñedo (categoría 3), Porto do Son (categoría 2), Parada de Sil (categoría 3), Sober (categoría 3), Outeiro de Rei (categoría 3), Curtis (categoría 3), Ribeira (categoría 2), Moaña (categoría 2), Ordes (categoría 2), Muros (categoría 3), Alfoz (categoría 3), Touro (categoría 3), Sanxenxo (categoría 2), Burela (categoría 2), A Laracha (categoría 2), Cervo (categoría 3), A Illa de Arousa (categoría 3), Porqueira (categoría 3) e Oleiros (categoría 2).

Cuarto. De conformidade co previsto no artigo 7 da orde, requiriuse aos concellos de Mondoñedo, Porto do Son, Parada de Sil, Touro, Outeiro de Rei, Curtis, Ribeira, Moaña, Ordes, Porqueira, Cervo, Muros, Alfoz, A Laracha, Sanxenxo, Burela, Oleiros e A Illa de Arousa, con data do 1.8.2023, para que emendasen as súas solicitudes, nun prazo de 10 días hábiles, coa advertencia de que, se así non o fixesen, se considerarían desistidos da súa petición.

Quinto. Os concellos de Mondoñedo, Porto do Son, Parada de Sil, Outeiro de Rei, Curtis, Ribeira, Moaña, Ordes, Porqueira, Cervo, Muros, Alfoz, A Laracha, Sanxenxo, Burela, Oleiros e A Illa de Arousa contestaron ao dito requirimento en tempo e forma.

O Concello de Touro non contestou o requirimento de emenda da súa solicitude.

Sexto. O 25.9.2023, foi convocado o xurado encargado de valorar as solicitudes do distintivo Bandeira Verde de Galicia para a emisión do informe-proposta de recoñecemento dos distintivos, reunión que se produciu o 27.9.2023.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (actual Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda) é o órgano competente para resolver esta convocatoria; e isto, con fundamento no disposto no artigo 11 da Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia (DOG núm. 62, do 29 de marzo).

Por outro lado, de conformidade co disposto nos artigos 6 e 11 da orde, a elaboración da proposta de resolución do recoñecemento do distintivo Bandeira Verde de Galicia correspóndelle á persoa titular do Departamento de Xestión Xurídico-Administrativa do Instituto de Estudos do Territorio, organismo autónomo adscrito á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, na súa calidade de órgano instrutor do procedemento.

Segundo. O artigo 11 da Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia establece que o prazo máximo para resolver e notificar será de tres meses contados desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o antedito prazo sen que se ditase resolución expresa, entenderase rexeitada a solicitude, de conformidade co disposto no artigo 23 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. En aplicación do previsto no artigo 13 da Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia, e de conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a relación de concellos recoñecidos será publicada, así mesmo, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (actual Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda) https://www.xunta.gal/cmatv

De igual modo, o artigo 14 da orde prevé que os concellos premiados recibirán o distintivo Bandeira Verde de Galicia nun acto público para o que serán convocados coa oportuna antelación.

A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda autoriza a cada un dos concellos recoñecidos a poder utilizar o logotipo específico da bandeira durante un ano. O outorgamento deste distintivo constituirá mérito tanto para os efectos da obtención de subvencións en materia de patrimonio natural como de axudas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal.

Sen prexuízo do exposto, no caso de que algún concello premiado teña omitido ou falseado a documentación remitida para a obtención deste recoñecemento, poderase considerar a retirada do distintivo acreditado e, polo tanto, perder a condición de gañador que teña do distintivo Bandeira Verde de Galicia.

Cuarto. Do informe-proposta emitido polo xurado, constátase que do total das dezanove candidaturas recibidas, dezaoito reúnen os requisitos previos exixidos pola Orde do 20 de marzo de 2023 (Mondoñedo, Porto do Son, Parada de Sil, Sober, Outeiro de Rei, Curtis, Ribeira, Moaña, Ordes, Muros, Alfoz, Sanxenxo, Burela, A Laracha, Cervo, A Illa de Arousa, Porqueira e Oleiros), toda vez que Touro non acreditou os criterios para a súa valoración, logo do requirimento efectuado, polo que se considera desistido da súa solicitude.

Respecto das dezaoito candidaturas aptas, o xurado examinounas e valorounas en función dos criterios e do baremo establecidos no anexo I da orde, no que se establecen os limiares mínimos necesarios para poder optar a este recoñecemento, para o que se teñen en conta as características dos concellos (superficie, poboación, orzamento utilizado...).

Quinto. Candidatura presentada polo Concello de Mondoñedo.

O Concello de Mondoñedo presenta un total de 32 accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación, algunhas das cales non constitúen accións diferenciadas senón edicións distintas da mesma acción.

A proposta do Concello de Mondoñedo acada a puntuación mínima exixida nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia.

Existe un ámbito de actuación no cal non é posible encadrar ningunha acción das presentadas, pero a puntuación media acadada polas catro mellores iniciativas avaliadas iguala ou supera o 75 % da máxima posible (18/24 puntos).

Por este motivo, o xurado propuxo avaliar positivamente a candidatura do Concello de Mondoñedo.

Sexto. Candidatura presentada polo Concello de Porto do Son.

O Concello de Porto do Son presenta un total de 110 accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación.

A proposta do Concello de Porto do Son acada a puntuación mínima exixida nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia.

Por este motivo, o xurado propuxo avaliar positivamente a candidatura do Concello de Porto do Son.

Sétimo. Candidatura presentada polo Concello de Parada de Sil.

O Concello de Parada de Sil presenta 35 accións na súa candidatura unicamente en tres dos catro ámbitos de actuación.

De conformidade co establecido, supérase o mínimo de catro iniciativas estipuladas para os concellos de categoría 3, aínda que ningunha destas se atopa no ámbito «C». Porén, a media das catro mellores iniciativas supera o 75 % da puntuación máxima (18 puntos).

Por este motivo, o xurado propuxo avaliar positivamente a candidatura do Concello de Parada de Sil.

Oitavo. Candidatura presentada polo Concello de Sober.

O Concello de Sober presenta 25 accións que abranguen os catro ámbitos de actuación.

A proposta do Concello de Sober acada a puntuación mínima exixida nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia.

Por este motivo, o xurado propuxo avaliar positivamente a candidatura do Concello de Sober.

Noveno. Candidatura presentada polo Concello de Outeiro de Rei.

O Concello de Outeiro de Rei presenta 24 accións na súa candidatura nos catro ámbitos de actuación.

A proposta do Concello de Outeiro de Rei acada a puntuación mínima exixida nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia.

Existe un ámbito de actuación no cal non é posible encadrar ningunha acción das presentadas, pero a puntuación media acadada polas catro mellores iniciativas avaliadas iguala ou supera o 75 % da máxima posible (18/24 puntos).

Por este motivo, o xurado propuxo avaliar positivamente a candidatura do Concello de Outeiro de Rei.

Décimo. Candidatura presentada polo Concello de Curtis.

O Concello de Curtis presenta un total de 17 accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación.

A proposta do Concello de Curtis acada a puntuación mínima exixida nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia.

Por este motivo, o xurado propuxo avaliar positivamente a candidatura do Concello de Curtis.

Décimo primeiro. Candidatura presentada polo Concello de Ribeira.

O Concello de Ribeira presenta un total de 18 accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación.

A proposta do Concello de Ribeira acada a puntuación mínima exixida nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia.

Por este motivo, o xurado propuxo avaliar positivamente a candidatura do Concello de Ribeira.

Décimo segundo. Candidatura presentada polo Concello de Moaña.

O Concello de Moaña presenta 15 accións na súa candidatura nos catro ámbitos de actuación.

A proposta do Concello de Moaña acada a puntuación mínima exixida nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia.

Por este motivo, o xurado propuxo avaliar positivamente a candidatura do Concello de Moaña.

Décimo terceiro. Candidatura presentada polo Concello de Ordes.

O Concello de Ordes presenta 10 accións na súa candidatura nos catro ámbitos de actuación.

A proposta do Concello de Ordes acada a puntuación mínima exixida nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia.

Por este motivo, o xurado propuxo avaliar positivamente a candidatura do Concello de Ordes.

Décimo cuarto. Candidatura presentada polo Concello de Muros.

O Concello de Muros presenta 47 accións na súa candidatura nos catro ámbitos de actuación.

A proposta do Concello de Muros acada a puntuación mínima exixida nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia.

Por este motivo, o xurado propuxo avaliar positivamente a candidatura do Concello de Muros.

Décimo quinto. Candidatura presentada polo Concello de Alfoz.

O Concello de Alfoz presenta un total de 31 accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación.

A proposta do Concello de Alfoz acada a puntuación mínima exixida nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia.

Por este motivo, o xurado propuxo avaliar positivamente a candidatura do Concello de Alfoz.

Décimo sexto. Candidatura presentada polo Concello de Sanxenxo.

O Concello de Sanxenxo presenta un total de 9 accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación.

A proposta do Concello de Sanxenxo acada a puntuación mínima exixida nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia.

Por este motivo, o xurado propuxo avaliar positivamente a candidatura do Concello de Sanxenxo.

Décimo sétimo. Candidatura presentada polo Concello de Burela.

O Concello de Burela presenta un total de 13 accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación.

A proposta do Concello de Burela acada a puntuación mínima exixida nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia.

Por este motivo, o xurado propuxo avaliar positivamente a candidatura do Concello de Burela.

Décimo oitavo. Candidatura presentada polo Concello da Laracha.

O Concello da Laracha presenta un total de 29 accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación.

A proposta do Concello da Laracha acada a puntuación mínima exixida nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia.

Por este motivo, o xurado propuxo avaliar positivamente a candidatura do Concello da Laracha.

Décimo noveno. Candidatura presentada polo Concello de Cervo.

O Concello de Cervo presenta un total de 11 accións ou iniciativas, nos catro ámbitos de actuación.

A proposta do Concello de Cervo acada a puntuación mínima exixida nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia.

Por este motivo, o xurado propuxo avaliar positivamente a candidatura do Concello de Cervo.

Vixésimo. Candidatura presentada polo Concello da Illa de Arousa.

O Concello da Illa de Arousa presenta un total de 11 accións ou iniciativas, nos catro ámbitos de actuación.

A proposta do Concello da Illa de Arousa acada a puntuación mínima exixida nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia.

Por este motivo, o xurado propuxo avaliar positivamente a candidatura do Concello da lla de Arousa.

Vixésimo primeiro. Candidatura presentada polo Concello de Porqueira.

O Concello de Porqueira presenta un total de 7 accións ou iniciativas, nos catro ámbitos de actuación.

A proposta do Concello de Porqueira acada a puntuación mínima exixida nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia.

Por este motivo, o xurado propuxo avaliar positivamente a candidatura do Concello de Porqueira.

Vixésimo segundo. Candidatura presentada polo Concello de Oleiros.

O Concello de Oleiros presenta un total de 7 accións ou iniciativas, nos catro ámbitos de actuación.

A proposta do Concello de Oleiros acada a puntuación mínima exixida nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia.

Por este motivo, o xurado propuxo avaliar positivamente a candidatura do Concello de Oleiros.

Vixésimo terceiro. Candidatura presentada polo Concello de Touro.

En relación á candidatura presentada polo Concello de Touro e, logo de analizada a documentación presentada, fáiselle un requirimento con data do 1.8.2023. Non tendo contestación ao devandito requirimento, foi desistido da súa solicitude de conformidade co previsto no artigo 7 da Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia e se realiza a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento MT401A).

En conclusión, visto o informe-proposta de recoñecemento do xurado, e a proposta de resolución da persoa titular do Departamento de Xestión Xurídico-Administrativa do Instituto de Estudos do Territorio, organismo autónomo adscrito á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, na súa calidade de órgano instrutor do procedemento, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVO:

Recoñecer o distintivo Bandeira Verde de Galicia aos concellos de Mondoñedo, Porto do Son, Parada de Sil, Sober, Outeiro de Rei, Curtis, Ribeira, Moaña, Ordes, Muros, Alfoz, Sanxenxo, Burela, A Laracha, Cervo, A Illa de Arousa, Porqueira e Oleiros de conformidade co previsto nos fundamentos de dereito.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que comezará a contar desde o día seguinte ao da súa notificación, a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Poderase igualmente interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa notificación, a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2023

Ángeles Vázquez Mejuto
Vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda