DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2023 Páx. 57945

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2023 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 15 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición de audiolibros e libros en lectura fácil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento CT238B e CT238C).

Logo de examinar a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro, en relación coas axudas correspondentes á Orde do 15 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición de audiolibros e libros en lectura fácil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento CT238B e CT238C), DOG núm. 191, do 27 de xuño, e de acordo co disposto no artigo 34 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de conformidade co artigo 17 da orde de bases e convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Excluír a totalidade dos proxectos presentados na modalidade A, Axudas ao sector editorial, relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de audiolibros en galego (CT238B), ao non resultar beneficiario ningún dos proxectos presentados por non acadar a puntuación mínima exixida polas bases da convocatoria ou por desistir da solicitude, segundo se indica no anexo I.

Segundo. Conceder as subvencións da modalidade B, Axudas ao sector editorial, relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de libros en lectura fácil en formato físico ou dixital, en galego (CT238C), aos cinco proxectos que resultaron beneficiarios e excluír os restantes segundo se indica no anexo II. O importe total concedido é de 24.848,35 € con cargo á aplicación orzamentaria 10.04.432A.770.3 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, dos cales 11.594,24 € corresponden á anualidade de 2023 e 13.254,11 € á anualidade de 2024; detállanse os importes correspondentes a cada empresa beneficiaria.

Terceiro. Denegar as solicitudes das empresas editoras que se relacionan no anexo II por non acadar a puntuación mínima exixida polas bases da convocatoria ou por desistir da súa solicitude.

Cuarto. De conformidade co disposto no artigo 22 da orde de bases e convocatoria, as editoras beneficiarias dispoñerán dun prazo de dez (10) días para a aceptación da subvención, contado desde o día seguinte ao da data de publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido este prazo sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Quedará sen efecto a concesión ás persoas beneficiarias que non acepten a subvención.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben impugnarse directamente a través do recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En todo caso, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza o rexeitamento presunto do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura

ANEXO I

Modalidade A. Axudas ao sector editorial, relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de audiolibros en galego (CT238B).

Relación de proxectos excluídos:

Entidade solicitante

Título do proxecto

Causa de exclusión

Instituto para el desarrollo educativo y cultural, S.L.

10 Contos de Amor

Non acada o 30 % dos puntos do baremo de valoración segundo establece o artigo 35.3

Instituto para el desarrollo educativo y cultural, S.L.

10 Contos de Reis

Non acada o 30 % dos puntos do baremo de valoración segundo establece o artigo 35.3

Instituto para el desarrollo educativo y cultural, S.L.

10 Contos Novos

Non acada o 30 % dos puntos do baremo de valoración segundo establece o artigo 35.3

Instituto para el desarrollo educativo y cultural, S.L.

10 Contos da Patria

Non acada o 30 % dos puntos do baremo de valoración segundo establece o artigo 35.3

Instituto para el desarrollo educativo y cultural, S.L.

10 Contos Tráxicos

Non acada o 30 % dos puntos do baremo de valoración segundo establece o artigo 35.3

Técnicas&Gramaxe, S.L.

A matanza clandestina

Desistencia por parte do solicitante por non dar resposta ao requirimento de documentación segundo establece o artigo 13

ANEXO II

Modalidade B. Axudas ao sector editorial galego, relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de libros en lectura fácil en formato físico ou dixital, en galego (CT238C).

I. Relación de proxectos beneficiarios:

Entidade beneficiaria

Título do proxecto

Anualidade 2023

Anualidade 2024

Importe total

Editorial Bululú

Leo con Lía, Leo con Leo

2.799,60 €

3.200,40 €

6.000 €

Hércules Ediciones

Palabras de pedra

2.799,60 €

3.200,40 €

6.000 €

Técnicas&Gramaxe, S.L.

Os Balbinos visitan os museos naturais de Galicia

2.799,60 €

3.200,40 €

6.000 €

Ivette Noguera García Edicions, S.L.

Tamén podes

1.424,86 €

1.628,84 €

3.053,70 €

La Mar de Fácil, S.L.

Madame Bovary

1.770,58 €

2.024,07 €

3.794,65 €

II. Relación de proxectos excluídos:

Entidade solicitante

Título do proxecto

Causa de exclusión

Horsori Editorial

A Lenda do Rei Artur

Desistencia por parte do solicitante por non dar resposta ao requirimento de documentación segundo establece o artigo 13.

Horsori Editorial

A Guerra dos Mundos

Desistencia por parte do solicitante por non dar resposta ao requirimento de documentación segundo establece o artigo 13.

Ivette Noguera García Edicions, S.L.

Os boos amigos (título provisional)

Non acada o 30 % dos puntos do baremo de valoración segundo establece o artigo 42.3

Ivette Noguera García Edicions, S.L

Bambú

Non acada o 30 % dos puntos do baremo de valoración segundo establece o artigo 42.3

Ivette Noguera García Edicions, S.L

Bear Child (título provisional)

Non acada o 30 % dos puntos do baremo de valoración segundo establece o artigo 42.3

La Mar de Fácil, S.L.

Nahid, a miña irmá afgá

Non acada o 30 % dos puntos do baremo de valoración segundo establece o artigo 42.3