DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2023 Páx. 58407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 10 de outubro de 2023, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a resolución do procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular do establecemento que se relaciona a baixa de oficio e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia. O contido íntegro do acto que se notifica atópase á disposición da persoa interesada, co resto do expediente, nas dependencias da Área Provincial de Turismo de Lugo (rolda da Muralla, 70, do concello de Lugo), no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado. De non comparecer no dito prazo, a notificación entenderase producida o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Axencia de Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se notifica en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 10 de outubro de 2023

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Establecemento

O Fénix

Sinatura

V-LU-007654

Titular

Pedro Miguel Pinto Rivera

Enderezo

Avenida de Galicia, 11, baixo 2

Localidade

27700 Ribadeo