DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2023 Páx. 58409

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO das bases e da convocatoria dunha praza de arquitecta/o técnica/o de Administración especial, subescala técnica, subgrupo A2 (Departamento de Urbanismo).

Mediante a Resolución de Alcaldía núm. 2258/2023, do 20 de setembro, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir a praza de funcionario de carreira arquitecta/o técnica/o de Administración especial, subescala técnica, subgrupo A2, do Concello de Noia (Departamento de Urbanismo) e de formación dunha bolsa de emprego, mediante sistema de oposición.

No Boletín Oficial da provincia núm. 185, do 27 de setembro de 2023, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a selección de persoal funcionario, mediante o sistema de oposición, da praza vacante obxecto da convocatoria cuxas características son:

Grupo

A

Subgrupo

A2

Escala

Administración especial

Subescala

Técnica

Vínculo

Funcionario

Denominación

Arquitecto/a técnico/a de Administración especial

Núm. de vacantes

1

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A publicación dos sucesivos anuncios referidos a este proceso selectivo efectuarase no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Noia (https://noia.sedelectronica.gal) e no taboleiro físico de anuncios do Concello de Noia, situado na rúa Rosalía de Castro, número 2.

Noia, 27 de setembro de 2023

José Santiago Freire Abeijón
Alcalde