DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2023 Páx. 58223

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2023, do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que se determinan as datas, o lugar e os horarios de realización dos correspondentes exercicios.

En sesión do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, convocadas mediante a Resolución do 15 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade (Diario Oficial de Galicia nº 122, do 28 de xuño), acordouse, de conformidade co disposto na base oitava da mencionada resolución:

Primeiro. As correspondentes probas terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa de Madrid, 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela.

Os ditos exercicios realizaranse o vindeiro día 6 de novembro de 2023 nos horarios e nas aulas que a seguir se sinalan:

Probas día 6.11.2023

Clase

Obtención/renovación

Aula

Horario

Todas as estradas

Obtención

Aula 5

16.00-18.00

Renovación

Salón de actos

16.00-17.00

Clase 1

Obtención

Aula 5

16.00-18.00

Clase 2

Renovación

Aula 2

16.00-17.00

Clase 3 e máis

Renovación

Aula 2

17.00-18.00

Materias líquidas

Renovación

Aula 2

18.00-19.00

RID

Obtención

Salón de actos

18.00-20.00

Renovación

Salón de actos

17.00-18.00

Segundo. Para os efectos de proceder á realización dos correspondentes chamamentos, os aspirantes deberán presentarse ás probas 15 minutos antes do comezo de cada exercicio.

Terceiro. Os interesados serán convocados para cada exercicio en chamamento único e resultará excluído da súa realización quen non compareza.

Cuarto. Os aspirantes excluídos por non compareceren no momento do chamamento non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.

Quinto. Os aspirantes terán que se presentar ás probas provistos do orixinal do seu documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. En caso contrario, non se permitirá o acceso ao recinto onde se realicen os exercicios. Tales aspirantes excluídos non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.

Sexto. Os interesados deberán levar bolígrafo e, para a realización do suposto práctico, poderán ir provistos do ADR ou RID, só en formato papel, e de máquina calculadora sen memoria RAM.

Santiago de Compostela, 9 outubro de 2023

Marta Vázquez Sanjurjo
Presidenta do tribunal