DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2023 Páx. 58225

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 10 de outubro de 2023 pola que se modifica a autorización do centro de ensinanzas deportivas Cemar, de Mondariz-Balneario.

A representación legal da titularidade do centro autorizado de ensinanzas deportivas Cemar, de Mondariz-Balneario, solicita autorización para impartir as ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo e técnico deportivo superior en Fútbol, técnico deportivo e técnico deportivo superior en Fútbol Sala, e técnico deportivo e técnico deportivo superior en Balonmán.

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para impartiren ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia, norma desenvolvida polas ordes desta consellería, do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, en que se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos con que deben contar os centros.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Autorizar as ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo e técnico deportivo superior en Fútbol, técnico deportivo e técnico deportivo superior en Fútbol Sala, e técnico deportivo e técnico deportivo superior en Balonmán, que queda configurado como se sinala a continuación:

Denominación xenérica: Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas (CAD).

Denominación específica: Cemar.

Código do centro: 36024811.

Titular: Internacional School Cemar, S.L.

Domicilio: estrada de Ponteareas a Mondariz, km 7.

Concello: Mondariz-Balneario.

Código postal: 36890.

Provincia: Pontevedra.

Composición resultante:

• Técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo.

• Técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

• Técnico deportivo superior en Hípica.

• Técnico deportivo en Fútbol.

• Técnico deportivo superior en Fútbol.

• Técnico deportivo en Fútbol Sala.

• Técnico deportivo superior en Fútbol Sala.

• Técnico deportivo en Balonmán.

• Técnico deportivo superior en Balonmán.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades