Antecedentes:
1. Mediante escrito do 7 de setembro de 2023, Francisco Calvo Cerqueiro (***8468**) e Jesús Portela e Hijos, S.L. (B36064400) solicitaron permiso para a permuta de puntos de ancoraxe entre as bateas denominadas Lozano III e Balbina I.
2. Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.
3. No expediente constan os informes técnicos preceptivos.
Consideración legais e técnicas:
1. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).
2. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro) e na Orde do 18 de abril de 2001 pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de ancoraxe e os cambios de sistema, localización e cultivo nos viveiros de cultivos mariños (DOG núm. 83, do 30 de abril).
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
Autorizar a Francisco Calvo Cerqueiro e a Jesús Portela e Hijos, S.L. a permuta dos puntos de ancoraxe e os artefactos das seguintes concesións:
Subtipo: batea.
Nome: Lozano III.
Especies: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Localización:
Cuadrícula nº: 29.
Polígono: G.
Distrito: Cangas (Pontevedra).
Titular: Francisco Calvo Cerqueiro (***8468**).
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Subtipo: batea.
Nome: Balbina I.
Especies: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Localización:
Cuadrícula nº: 31.
Polígono: C.
Distrito: Cangas (Pontevedra).
Titular: Jesús Portela e Hijos, S.L. (B36064400).
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. Como consecuencia da permuta, modifícase a localización dos títulos habilitantes, que quedan como se indica:
Subtipo: batea.
Nome: Lozano III.
Especies: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Localización:
Cuadrícula nº: 31.
Polígono: C.
Distrito: Cangas (Pontevedra).
Subtipo: batea.
Nome: Balbina I.
Especies: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Localización:
Cuadrícula nº: 29.
Polígono: G.
Distrito: Cangas (Pontevedra).
Segunda. As bateas afectadas deberán adaptarse ás condicións dos polígonos de destino.
Terceira. A permuta realizarase no prazo máximo de tres (3) meses, contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución. Rematado o prazo indicado para a realización da permuta sen que esta se levase a cabo, a autorización quedará sen efecto.
Cuarta. As bateas contarán coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia para o traslado á nova localización.
Quinta. As datas de ancoraxe deberán ser comunicadas con antelación suficiente, mediante escrito dirixido á Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Vigo, para os efectos de que se realicen baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servizo de Gardacostas de Galicia.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 29 de setembro de 2023
O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
A xefa territorial de Vigo
Por suplencia (Resolución do 7.4.2022)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica