Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, dáse publicidade da actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento por parte da Unión Europea:
1. Poder adxudicador.
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5. Código NUTS: ES111 (A Coruña).
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03.
1.8. Teléfono: 981 95 74 01.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida.
2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Código CPV: 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).
4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES114 Cambados (Pontevedra).
5. Descrición do obxecto da licitación: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de mellora do sistema de saneamento no concello de Cambados (Pontevedra), obra con referencia de expediente AUG-2022-0010 e clave do proxecto OH.336.1186. Referencia de expediente AUG-2022-0015.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.
7. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 33.865,15 euros. Importe total: 40.976,83 euros.
8. Valor estimado do contrato: 40.458,22 euros. Inclúe o orzamento de licitación (33.865,15 euros) e a/as prórroga/s contractual/contractuais ordinaria/s prevista/s (6.593,07 euros).
9. Prazo de execución do contrato: 15 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 3 meses.
10. Criterios de adxudicación.
10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), análise do documento técnico da obra (ponderación 15 %), metodoloxía proposta sobre a coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución da obra (ponderación 15 %), análise da posible coordinación de actividades empresariais e procedemento previsto para levala a cabo (ponderación 12 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %) e sistema de seguimento da programación da obra (ponderación 7 %).
11. Data da adxudicación do contrato: 6 de xullo de 2023.
12. Número de ofertas recibidas.
12.1. Ofertas totais: 8.
12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 5
12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4. Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou subscrición do contrato: 26 de xullo de 2023.
14. Empresa contratista.
14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Normansys, S.L.
14.2. NIF: B70041066.
14.3. Enderezo: avenida de Finisterre, 265C, 2º, 15004 A Coruña.
14.4. Código NUTS: ES111.
14.5. Correo electrónico: acrespo@normansys.com
14.6. Teléfono: 666 52 97 92.
14.7. Pequena ou mediana empresa: si.
15. Valor da oferta seleccionada.
Importe neto: 27.000,00 euros. Importe total: 32.670,00 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6. Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos; prioridade de investimento 6.2. Investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para dar resposta ás necesidades, identificadas polos Estados membros, dun investimento que vai máis alá dos ditos requisitos; obxectivo específico 6.2.1. Culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga; actuación 6.2.1.2. Reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO). Operación de mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Arousa. Aglomeración de Cambados.
Polo tanto, deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.
17. Servizo do cal se poida obter información sobre o contrato formalizado.
17.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.
17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4. Código postal: 15781.
17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6. Fax: 981 95 74 03.
17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.
18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións.
– Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 1 de decembro de 2022.
– Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 11 de xullo de 2023.
– Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 26 de xullo de 2023.
– Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 31 de xullo de 2023.
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2023
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia