De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento da interesada con documento nacional de identidade 36160077Y e das persoas herdeiras de José Antonio Lorenzo Castellano e herdeiras de Alcira Fragueiro Extremadouro, para o trámite de audiencia do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/80/2022-RP1.
O expediente relacionado está á disposición das persoas interesadas na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
As persoas interesadas disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegaren e presentaren os documentos e informacións que xulguen pertinentes.
Para que conste e lles sirva de notificación ás citadas persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2023
Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística