Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), emprázanse para o trámite de audiencia as persoas indicadas no anexo, nos procedementos de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por resultar descoñecido o seu domicilio.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentaren por escrito as alegacións, documentos e/ou xustificacións que consideren pertinentes. Para iso poden consultar o seu expediente na sede da Xefatura Territorial de Lugo, na rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Unha vez transcorrido o dito prazo, e vistas as alegacións, documentos e/ou xustificacións que consten no expediente, ditarase a resolución que proceda.
Lugo, 11 de outubro de 2023
Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Núm. expediente |
Pasaporte/NIE/DNI |
Acto notificado |
LU-2020/00094 |
Y4827416Y |
Emprazamento para o trámite de audiencia no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. |
LU-PF-196/2011 |
34874297H |
Emprazamento para o trámite de audiencia no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. |