DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2023 Páx. 58615

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 7 de agosto de 2023 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios (subgrupo A1), das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 249, do 11 de decembro).

Advertido un erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 154, do 14 de agosto de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 48476, onde di:

«...o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da alta médica,…».

Debe decir:

«... o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica,…».