DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2023 Páx. 58614

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 20 de xaneiro de 2023 pola que se modifican as resolucións do 22 de decembro de 2022, polas que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nos distintos corpos, escalas e categorías de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 7979, onde di:

«O exercicio terá unha duración máxima de cento oitenta (180) minutos.».

Debe dicir:

«O exercicio terá unha duración máxima de douscentos vinte (220) minutos.».

Nas páxinas 7981, 7984 e 7985, no que se refire á realización das probas físicas dos corpos, escalas e categorías do servizo de defensa contra incendios forestales, onde di:

«…convocarase un número de persoas aspirantes igual ao número de prazas convocadas máis o 20% delas, seguindo a orde de puntuación obtida na fase de concurso.».

Debe dicir:

«…serán convocadas todas as persoas aspirantes que superasen o primeiro exercicio.».