DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2023 Páx. 58689

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ORDE do 19 de outubro de 2023 pola que se amplía o crédito existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F).

O día 1 de abril de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F).

A finalidade da dita orde é convocar as axudas na Comunidade Autónoma de Galicia, en desenvolvemento das bases reguladoras recollidas no Real decreto 983/2021, do 16 de novembro, que aproba a concesión directa ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla de axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (BOE núm. 275, do 17 de novembro).

Este programa de incentivos busca acelerar os investimentos claves para a sustentabilidade do transporte, coa fin de impulsar melloras no sector. Desta maneira, pretende favorecer a descarbonización e a mellora do aire nas cidades mediante a renovación das frotas de vehículos.

As axudas obxecto dela están financiadas polo Mecanismo europeo de recuperación e resiliencia establecido no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, a través das contías asignadas nos orzamentos xerais de cada ano ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, ao estar este programa incluído no compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

De conformidade co anexo II do Real decreto 983/2021, do 16 de novembro, mediante a Resolución da Secretaría do Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana do 11 de decembro de 2021 concedeuse á Comunidade Autónoma de Galicia unha subvención por importe de 12.818.438,00 €, reservándose 384.553,14 € para custos indirectos imputables segundo se prevé no artigo 7 do citado real decreto.

En consecuencia, a dotación orzamentaria inicial distribuíuse do seguinte modo:

Actividade

Partida orzamentaria

Crédito inicial 2022 (€)

Actividade 1

09.02.512A.770.0

5.595.248,19

Actividade 2

09.02.512A.770.0

5.470.909,34

Actividade 3

09.02.512A.770.0

621.694,24

Actividade 4

09.02.512A.770.0

621.694,24

Actividad e5

09.02.512A.770.0

124.338,85

Ao financiamento destas actuacións destínanse 12.433.884,86 €, con cargo á aplicación orzamentaria 09.02.512A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2022, 2023 e 2024, que poderá ser ampliado mediante resolución da persoa titular da Secretaría de Estado do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, de acordo co previsto no artigo 7.8 do Real decreto 983/2021, do 16 de novembro.

O artigo 9 da Orde do 30 de marzo de 2022 establece que o prazo para a presentación de solicitudes remata o 30 de abril de 2024, fóra da actividade 4 cuxa vixencia finalizará o 31 de decembro de 2023. Non obstante, con data do 8 de agosto de 2022 xa se superara amplamente o número de solicitudes para a actividade 1, para as cales existía cobertura orzamentaria suficiente polo que, con esa data, a Comunidade Autónoma de Galicia, solicitou mediante escrito do director xeral de Mobilidade unha ampliación do orzamento do programa de axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario polo importe de 7.574.288,47 €.

Mediante a Resolución do 17 de novembro de 2022 da Secretaría de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana concedeuse á Comunidade Autónoma de Galicia a primeira ampliación da subvención regulada no Real decreto 983/2021, do 16 de novembro.

Por outra banda, o artigo 7.2 do Real decreto 983/2021, dispón que: «conforme o establecido no artigo 31.9 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, prevese un máximo do 3 % do orzamento dispoñible, como custos indirectos imputables ás actuacións subvencionadas».

De conformidade co exposto, do importe total da xeración que ascendeu a 7.574.288,47 €, xeraranse 7.347.059,81 €, que representa o 97 %, na aplicación orzamentaria 09.02.512A.770.0 do orzamento de gastos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e 227.228,65 €, que representa o 3 % restante, destinaranse a custos indirectos.

O artigo 4.3 da Orde do 30 de marzo de 2022 dispón que no caso de que o orzamento do programa sexa ampliado, as cantidades inicialmente orzadas poderanse incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de orzamento. Nestes casos, publicarase a ampliación do orzamento polos mesmos medios que a convocatoria, isto é, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/recursos/axudas-subvencions

De conformidade co exposto, no Diario Oficial de Galicia do 16 de xaneiro de 2023 publicouse a Orde do 9 de xaneiro de 2023 pola que se amplía o crédito existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F), por un importe de 7.574.288,47 €, que descontando o 3 % destinado a custos indirectos, se distribuíu por actividades do seguinte modo:

Actividade

Partida orzamentaria

Crédito primeira ampliación (€)

Actividade 1

09.02.512A.770.0

3.306.176,91

Actividade 2

09.02.512A.770.0

3.232.706,32

Actividade 3

09.02.512A.770.0

367.352,99

Actividade 4

09.02.512A.770.0

367.352,99

Actividade 5

09.02.512A.770.0

73.470,60

Con data do 14 de marzo de 2023 superouse novamente o número de solicitudes para a actividade 1, para as cales existía cobertura orzamentaria suficiente polo que, con esa data, a Comunidade Autónoma de Galicia, solicitou mediante escrito do director xeral de Mobilidade unha ampliación do orzamento do programa de axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario polo importe de 9.074.947,09 €.

Mediante a Resolución do 17 de agosto de 2023, da Secretaría de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, concedeuse á Comunidade Autónoma de Galicia a segunda ampliación da subvención regulada no Real decreto 983/2021, do 16 de novembro.

Unha vez efectuada esta ampliación, o importe total destas axudas ascende a 29.467.673,56 €, de acordo coa repartición orzamentaria inicial, entre as actuacións subvencionables, establecida nas bases reguladoras da presente convocatoria. O 3 % destinado a custos indirectos ascende a 884.030,21 €. O importe total xerado na aplicación orzamentaria 09.02.512A.770.0 do orzamento de gastos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ascende a 28.583.643,35 €.

De acordo co exposto, e de conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación de crédito

Ampliar o importe total do crédito das axudas establecidas na Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 64, do 1 de abril, por un importe de 9.074.947,09 €, que descontando o 3 % destinado a custos indirectos, se distribuirá por actividades do seguinte modo:

Actividade

Partida orzamentaria

Crédito segunda ampliación (€)

Actividade 1

09.02.512A.770.0

3.961.214,41

Actividade 2

09.02.512A.770.0

3.873.187,42

Actividade 3

09.02.512A.770.0

440.134,93

Actividade 4

09.02.512A.770.0

440.134,93

Actividade 5

09.02.512A.770.0

88.026,99

O 3 % do importe, 272.248,41 €, destinarase a custos indirectos, polo que o saldo restante, 8.802.698,68 € xerarase na aplicación orzamentaria 09.02.512A.770.0 do orzamento de gastos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para o ano 2023.

Unha vez efectuada esta ampliación, o importe total destas axudas ascende a 29.467.673,56 €, de acordo coa repartición orzamentaria inicial, entre as actuacións subvencionables, establecida nas bases reguladoras da presente convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes continúa aberto nos mesmos termos establecidos na orde de convocatoria destas axudas.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2023

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade