DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2023 Páx. 58694

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 9 de outubro de 2023 pola que se autorizan novos centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2023/24.

De conformidade co establecido no artigo 16 da Orde desta consellería, do 12 de maio de 2011 (DOG do 20 de maio), pola que se regulan os centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia e se establece o procedemento de incorporación de novos centros á Rede de centros plurilingües de Galicia, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Autorizar os centros plurilingües que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De non consideraren oportuna a interposición do citado recurso, poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Centros autorizados 2023/24

Código

Nome centro

Idioma

Etapas autorizadas

Materia

15001471

CEIP Praia Xardín

Inglés

Educación primaria

Educación Plástica e Visual

15002165

CEIP Wenceslao Fernández Flórez

Inglés

Educación primaria

Educación Plástica e Visual

15009998

CEIP Ramón de Artaza y Malvárez

Inglés

Educación primaria

Educación Plástica e Visual

Educación Física

15021792

CEIP Salgado Torres

Inglés

Educación primaria

Educación Plástica e Visual

15021809

CEIP Sofía Casanova

Inglés

Educación primaria

Educación Plástica e Visual

Educación Física

27007223

CPR Real Colegio Padres Escolapios

Inglés

Educación primaria

Educación Plástica e Visual

27011974

CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de la Asunción

Inglés

Educación secundaria obrigatoria

Tecnoloxía e Dixitalización

27012450

CPI Plurilingüe Dr. López Suárez

Inglés

Educación secundaria obrigatoria

Educación Física

32004118

CPI Antonio Faílde

Inglés

Educación primaria

Educación Plástica e Visual

32008835

CEIP Curros Enríquez

Inglés

Educación primaria

Educación Plástica e Visual

32009062

CPR Cardenal Cisneros

Inglés

Educación primaria

Educación Plástica e Visual

Música e Danza

36001975

CEIP Pío Cabanillas Gallas

Inglés

Educación primaria

Educación Plástica e Visual

36006997

CPR Santo Tomás

Inglés

Educación primaria

Música e Danza

36006997

CPR Santo Tomás

Inglés

Educación secundaria obrigatoria

Educación Plástica, Visual e Audiovisual

36012419

CEIP Arealonga

Inglés

Educación primaria

Educación Plástica e Visual

36016942

CEIP de Santiago de Oliveira

Inglés

Educación primaria

Educación Plástica e Visual