DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2023 Páx. 58707

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se autorizan centros educativos para impartiren o programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil) para o curso 2023/24.

De conformidade co establecido no artigo 16 da Resolución desta dirección xeral, do 24 de marzo de 2023, pola que se regula o programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (plurinfantil), para o curso 2023/24, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Autorizar os centros que se relacionan no anexo desta resolución para impartiren o programa Plurinfantil, de plurilingüismo no segundo ciclo da educación infantil.

Segundo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De non consideraren oportuna a interposición do citado recurso, poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2023

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa

ANEXO

Centros autorizados 2023/24

Cód. do centro

Nome do centro

Idioma

Etapas autorizadas

15004794

CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida

Inglés

Educación infantil

15021524

CEIP Plurilingüe A Cristina

Inglés

Educación infantil

27007223

CPR Real Colegio Padres Escolapios

Inglés

Educación infantil

27014070

CEIP Plurilingüe de Palas de Rei

Inglés

Educación infantil

27020801

CEIP Plurilingüe de Monterroso

Inglés

Educación infantil

32004118

CPI Antonio Faílde

Inglés

Educación infantil

36004514

CPR Plurilingüe La Inmaculada

Inglés

Educación infantil

36006997

CPR Santo Tomás

Inglés

Educación infantil

36007709

CEIP Plurilingüe de Reboreda

Inglés

Educación infantil

36010927

CPR Plurilingüe Alborada

Inglés

Educación infantil

36015792

CEIP Plurilingüe Xulio Camba

Inglés

Educación infantil

36024069

CRA A Picaraña

Inglés

Educación infantil